De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificado por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para comparecer se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado apercibimento previo e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal
ANEXO
Expediente: MON-CO-0037/2013-CSA.
Interesado: Ricardo Álvarez Rodríguez.
Acto de notificación: apercibimento previo á imposición de multas coercitivas.
Último enderezo coñecido: avenida de Galicia, 26, 1º esq., O Burgo, Culleredo, A Coruña.