En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de fabricación, personalización, impresión e envío de documentos de identificación bovina (DIB).
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23136
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 144, do 31 de xullo de 2015.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e documentalmente simplificado. Procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento de licitación.
Importe neto: 112.385,00 €, IVE (21 %): 23.600,85 €. Importe total: 135.985,85 €.
Valor estimado: 186.186 €.
5. Financiamento: fondos propios.
6. Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data da resolución de adxudicación: 16 de outubro de 2015.
b) Adxudicataria: Delion Communications, S.L.U.
c) Importe: 58.217,90 € (sen IVE) IVE 21 %: 12.225,76 €. Importe total: 70.443,66 €.
d) Data de formalización do contrato: 29 de outubro de 2015.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: prezo máis baixo (único criterio) recollido no prego.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015
María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural