Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46769

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Bioloxía Celular a Antonio Manuel Castro Castro.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 24 de agosto de 2015 (BOE do 3 de setembro), para a provisión da praza número 15/003 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Bioloxía Celular, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular desta universidade, a favor de Antonio Manuel Castro Castro, con DNI núm. 32823383Z, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Antonio Manuel Castro Castro profesor titular de universidade da área de coñecemento de Bioloxía Celular, departamento de Bioloxía Celular e Molecular desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 23 de novembro de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña