Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46949

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4769/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4769/2014

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 911/2013 Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorrente: Pedro Pardo Campello

Avogado: Xosé Ramón Pérez Domínguez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Fogasa, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.

Avogado: Guillermo Amigo Estrada

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4769/2014 desta sección, seguido por instancia de Pedro Pardo Campello contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Fogasa, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Pedro Pardo Campelo contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 de Lugo, en xuízo instado polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap e a empresa Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa plenamente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2015

La letrada da Administración de xustiza