De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e na disposición derradeira primeira da Orde do 13 de outubro de 2015 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 199, do 19 de outubro), esta dirección xeral
DISPÓN:
Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Orde do 13 de outubro de 2015 (DOG núm. 199, do 19 de outubro).
A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es
A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
Composición do tribunal cualificador.
1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:
• Tribunal titular:
Presidente: Ramón Quiroga Limia.
Secretaria: Mónica María Castro Pérez.
Vogais:
Jesús Lata Buceta.
Constantino Grandío Rivas.
Mercedes Gayoso Gómez.
• Tribunal suplente:
Presidente: Ramón Freire Priegue.
Secretario: Roberto Pérez Fonte.
Vogais:
Guillermina Núñez Rodríguez.
Montserrat Carracedo Goldar.
María Carmen González Otero.
2. A súa actuación e funcionamento rexeranse polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Desenvolvemento das probas:
Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para realizar a proba, que terá lugar o vindeiro día 18 de decembro, na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.
Ás 9.30 horas.
Proba psicolóxica:
Ás 13.00 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.
A Estrada, 11 de decembro de 2015
Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Nome |
Clave |
Álvarez Fernández, Alejandro |
2 |
Bobillo Vilarchao, Gonzalo |
2 |
Esperón Muíños, José Manuel |
2 e 3 |
Garrido Blanco, José María |
2 e 3 |
González Pidre, Manuel |
2 |
Rodrigues de Oliveira, José Antonio |
2 e 3 |
Rodríguez Enríquez, Olegario |
2 |
Rodríguez Multa, José Ricardo |
2 |
Senra Lorenzo, Rafael |
2 |
Código |
Descrición |
1 |
Non achega xustificante do pagamento da taxa correspondente |
2 |
Non achega certificado de penais |
3 |
Non achega fotografías tamaño carné |