Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 47018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015 pola que se anuncia a formalización do contrato mixto para a substitución de baterías en dous sistemas de alimentación ininterrompida, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2015-040.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto, subministracións.

b) Descrición do obxecto: contrato mixto para a substitución de baterías en dous sistemas de alimentación ininterrompida, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 50711000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 29.9.2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 47.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 47.500,00 €.

b) Importe total: 57.475,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.11.2015.

b) Data de formalización do contrato: 25.11.2015.

c) Contratista: Electrónica Noroeste Servicios Generales, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 41.750,00 euros. Importe total: 50.517,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2015

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable