1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: 3/2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizo de dinamización de contidos e desenvolvemento para a evolución funcional e tecnolóxica de diversos espazos web dependentes da Xunta de Galicia.
b) División por lotes e número: si, 2.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de doce (12) meses contados a partir do 1 de marzo de 2016. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de doce (12) meses computarase desde a data de formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: si.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto, harmonizado.
4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 264.198,35 €, máis 55.481,65 € en concepto de IVE (21 %), o que supón un total de 319.680,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades, segundo os lotes:
Lote 1: portal galiciaaberta.com (emigracion.xunta.es)
2016: 94.462,81 € + IVE (19.837,19 € ) = 114.300,00 €.
2017: 18.892,56 € + IVE (3.967,44 € ) = 22.860,00 €.
Total: 113.355,37 € + IVE (23.804,63 € ) = 137.160,00 €.
Lote 2: portal eidolocal.gal:
2016: 125.702,48 € + IVE (26.397,52 €) = 152.100,00 €.
2017: 25.140,50 € + IVE (5.279,50 €) = 30.420,00 €.
Total: 150.842,98 € + IVE (31.677,02.€) = 182.520,00 €.
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención da documentación e da información:
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23752
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 19 de xaneiro de 2016, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Rexistro da Amtega.
2. Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
12. Data de envío ao DOUE: 10.12.2015.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia