Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47098

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a finalización da licitación do procedemento de contratación, como consecuencia do acordo do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, para o servizo de mantemento da xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SESE 28-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23066

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento da xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 77311000-3, servizos de mantemento de xardíns e parques e seis máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 17 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.856.528,94 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 714.049,59 €.

Importe total: 864.000,00 €.

6. Finalización da licitación.

a) Data do acordo do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais: 19 de outubro de 2015.

b) Data da resolución da finalización do procedemento: 25 de novembro de 2015.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza