Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan de xestión do risco de inundación de Galicia-Costa 2015-2021, promovido por Augas de Galicia (expediente 2015AAE1804; código 1718/2015).

Faise pública a Resolución do 25 de novembro de 2015 pola que se formula a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria do Plan de xestión do risco de inundación de Galicia-Costa 2015-2021, promovido por Augas de Galicia, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica ordinaria no procedemento de elaboración e aprobación do programa está previsto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

A declaración ambiental estratéxica pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental