Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 16 de decembro de 2015 Páx. 47109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CÉDULA do 9 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0006/15.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

A eficacia da cédula queda supeditada a súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 9 de decembro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Rosa Pereira Dios.

Expediente: ES-P-0006/15.

Último domicilio coñecido: rúa Xílgaro, nº 17-02, PO 4 B, Vigo.

Indicación do contido: notificáselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-006/15 en que se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 370 €, de acordo co disposto no artigo 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar documentos ou xustificantes que consideren convenientes, no prazo de quince días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Pontevedra (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.