Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47296

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 182/2015, do 17 de decembro, polo que se nomea directora xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria a Belén María do Campo Piñeiro.

Segundo o establecido no artigo 26.2 do Decreto 7/2014, do 16 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, a persoa titular da Dirección do Fogga é nomeada e separada por decreto do Consello da Xunta entre as que teñan a condición de titular dun órgano de dirección da consellería competente en materia de medio rural.

Na súa virtude e consonte co establecido no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de decembro de dous mil quince,

Nomeo directora xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria a Belén María do Campo Piñeiro, directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Santiago de Compostela, dezasete de decembro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural