Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 18 de decembro de 2015 Páx. 47343

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4870/2014 CG).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 4870/2014

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 135/2014 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Donato Lorenzo Domínguez

Avogada: María José Vega Movilla

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, Eurotrans 2000, Sociedad Cooperativa Gallega, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Urgente Mos, S.L., Construcciones y Montajes Antonio Salgado, S.A., Cymas, S.A., Panadería La Estrella, S.L., María Dolores Guisande Caride

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez, Cristina Catalan Hinrichs, María Araceli Martínez Araujo, (…)

Eu, María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4870/2014, seguido por instancia de Donato Lorenzo Domínguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 274, Eurotrans 2000, Sociedad Cooperativa Gallega, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Urgente Mos, S.L., Construcciones y Montajes Antonio Salgado, S.A., Cymas, S.A., Panadería La Estrella, S.L., María Dolores Guisande Caride, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada María José Vega Movilla, actuando en nome e representación de Donato Lorenzo Rodríguez contra a sentenza do 18 de xullo de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos 135/2014, seguidos por instancia da parte recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Fremap, Mutua Ibermutuamur e as empresas Urgente Mos, S.L., Construcciones y Montajes Antonio Salgado S.L, Cymas, S.A., Eurotrans 2000, Sociedad Cooperativa Gallega, Panadería La Estrella, S.L., Guisande Caride María Dolores, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Eurotrans 2000, Sociedade Cooperativa Galega, Urgente Mos, S.L., Construcciones y Montajes Antonio Salgado, S.A., Cymas, S.A., María Dolores Guisande Caride, actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza