Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2015 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria O programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (o importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020 nun 80 % no eixe 13 asistencia técnica do programa operativo Feder, obxectivo específico 13.1.2).

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA29/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente na inserción en diversos medios da campaña publicitaria «O programa operativo Feder Galicia 2014-2020».

c) CPV: 79.341000-6.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do servizo obxecto desta contratación comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e estenderase como máximo ata o 30.10.2016.

e) Condición especial de execución do contrato: considerarase condición especial de execución o Plan estratéxico de medios, que debe entregar o adxudicatario no prazo de 10 días desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Relativos a criterios cualitativos (non avaliables mediante aplicación de fórmulas): ata 50 puntos.

• Definición do target e do seu consumo de medios: ata 10 puntos.

• Obxectivos, estratexia e mix de medios: ata 25 puntos.

• Planificación táctica: ata 10 puntos.

• Sistema de seguimento e control: ata 5 puntos.

– Relativos a criterios cuantitativos (avaliables mediante aplicación de fórmulas): ata 50 puntos.

• CPM Plan de medios xornais escritos: ata 16 puntos.

• CPM Plan de medios radios: ata 16 puntos.

• CPM Plan de medios internet: ata 13 puntos.

• Valoración da porcentaxe da comisión de axencia: ata 5 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

b) IVE: trinta e nove mil corenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (39.049,59 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 9.297,52 € que corresponde ao 5 % do importe do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14 / 981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Correo electrónico: contratacion@conselleriadefacenda.es

g) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23686

h) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría 2.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras F e G da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as catorce (14.00) horas do vixésimo (20) día natural, contado desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do PCAP.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10 do PCAP.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23686

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2015

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda