Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2005/0584-4.

Ao non ser atopado no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, notifícase no Boletín Oficial del Estado, ao abeiro do artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia do auto de firmeza da sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo, ditada no procedemento número 28/2011, polo accidente laboral mortal do traballador Leonardo Alonso Nieto.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación.

Escrito de alegacións da empresa solidaria.

• Copia do auto xudicial e das sentenzas.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Vigo, 11 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RL 2005/0584-4.

Acta número 1033/2005.

Empresa: Obras Nuevas Licencias y Construcciones, S.L.U.

NIF/DNI: B-36476182.

Enderezo: Barrio da Portela, 56, Cedeira, Redondela.