Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 21 de decembro de 2015 Páx. 47636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN de 13 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a autorización da constitución do couto mineiro Godos, situado nos termos municipais de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra fai saber que a Consellería de Economía, Emprego e Industria autorizou, con data 14 de outubro de 2015, a constitución do couto mineiro Godos, conformado polas concesións mineiras Godos nº 2662 e Godos I nº 2766 a favor da sociedade Hormigones Valle Miñor, S.A. con CIF A-36623510.

Faise público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 135.5 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría.

Pontevedra, 13 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra