Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a contratación dun servizo de avaliación da eficacia das campañas institucionais da Xunta de Galicia no ano 2016, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, anticipado de gasto, contratación documentalmente simplificada.

A Secretaría Xeral de Medios, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar a contratación que se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de avaliación da eficacia das campañas institucionais da Xunta de Galicia no ano 2016.

b) Nº de expediente: PA 2/2015.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 15 de decembro de 2016.

d) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación: 59.421,49 €, máis 12.478,51 € en concepto de IVE, o que supón un total de 71.900,00 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Lugar e prazo de presentación de proposición.

a) Data límite de presentación das ofertas: 18 de xaneiro de 2016 ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación de proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou por correo, de acordo coa normativa vixente. Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Documentación que deben presentar os licitadores: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo L, subgrupo 3, categoría 1 ou superior, ou

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información.

a) Nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

b) Teléfono: 981 54 12 91, fax: 981 54 12 89.

c) Correo electrónico: xestionmedios@xunta.es

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23721

e) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións.

9. Apertura das ofertas: anunciaranse no perfil do contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: o importe do anuncio relativo a este concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2015

María del Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios