Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 22 de decembro de 2015 Páx. 47904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 30 de novembro de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Quiebra XXII e Quiebra XXIII.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Quiebra XXII e Quiebra XXIII e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 9.7.2015, Acuicultura del Atlántico, S.A., solicitou autorización para transmisión das concesións e das bateas Quiebra XXII e Quiebra XXIII.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características das bateas son favorables.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura, nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e co Decreto 174/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Regulamento de viveiros (DOG núm. 97, do 22 de maio), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Manuel Daniel Formoso Moledo (76499043P), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea. Nome: Quiebra XXII.

Localización:

Cuadrícula nº: 24. Polígono: A. Distrito: Noia (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 15.11.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Identificación:

Tipo: batea. Nome: Quiebra XXIII.

Localización:

Cuadrícula nº: 25. Polígono: A. Distrito: Noia (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 19.10.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Acuicultura del Atlántico, S.A. (A15020662).

Novo titular: Manuel Daniel Formoso Moledo (76499043P).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
María José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña