Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), en relación co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na citada Lei 24/2013, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:
Denominación: LMT, CT e RBT Faxilde-Trasmil.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira 2, Velle. Ourense.
Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.
Características técnicas principais:
1. Liña aérea núa de alta tensión, de 20 kV de tensión nominal, con condutor aluminio-aceiro tipo LA 56, de 54,6 mm² de sección e 1.599 m de lonxitude, sobre un total de 13 apoios de formigón ou metálicos con orixe no apoio existente da liña de media tensión PAL803, e final no CT Faxilde-Trasmil.
2. Centro de transformación Faxilde-Trasmil intemperie composto por un transformador de 100 kVA e relación de transformación 20.000/400-230 V.
3. Liña aérea de baixa tensión (400/230 V) con orixe no CT Faxilde-Trasmil, en condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3x150/80 de aluminio e de 998 m de lonxitude.
4. Liña soterrada de baixa tensión (400/230 V) en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 1x95 de aluminio, baixo tubo e de 250 m de lonxitude.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se encontren ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 1 de decembro de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
|
Parc. nº |
Ref. catastral |
Lugar |
Propietario |
Tipo de cultivo |
Afección |
||||
|
Pol. nº |
Parc. nº |
Nome, apelidos e enderezo |
Apoio |
Voo |
|||||
|
Nº |
Sup. ocupada m2 |
Lonxitude m |
Sup. afectada m2 |
||||||
|
27 |
94 |
100 |
Rego |
Ángel Arias Fernández Arrulfi-Puxeda, s/n, 27206 Palas de Rei, Lugo |
Prado |
10 |
2 |
142 |
1.423 |


