De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona o trámite de audiencia no expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.
O interesado dispón dun prazo de oito días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentarse debidamente acreditado perante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, para os efectos de que poida formular novas alegacións á vista do expediente, que deberá presentar no prazo de tres días desde a data da súa comparecencia, e o expediente sancionador quedará visto para a proposta de resolución.
O expediente relacionado está á disposición do interesado no Servizo de Emprego e Economía Social da citada Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas.
Lugo, 11 de decembro de 2015
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
|
Empresa |
Enderezo |
NIF |
Expediente |
|
Limpiezas Lucus, S.L. |
Rolda da Muralla, 188, entresollado 4 27001 Lugo |
B27395896 |
16/2014 |


