De acordo coa proposta efectuada pola presidenta do Instituto Galego de Consumo, e en virtude do establecido nos artigos 7.1.d) e 3.3 do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios,
DISPOÑO:
Artigo 1. Cesar como membro titular do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido nos artigos 7.1.d) e 3.3 do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Otilia Novegil Villanueva, da Asociación de Consumidores e Iniciativa Social Amas de Casa de Marín.
Artigo 2. Cesar como membro suplente do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, de acordo co establecido nos artigos 7.1.d) e 3.3 do Decreto 127/1998, do 23 de abril, polo que se crea o Consello Galego de Consumidores e Usuarios, a Teresa Iglesias Quintáns, da Asociación de Consumidores e Iniciativa Social Amas de Casa de Marín.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015
Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria