Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se declara deserta a licitación do servizo de alimentación a pacientes e ao persoal de garda e do servizo de cafetaría e explotación de máquinas expendedoras do Hospital do Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio, tramitación ordinaria e contratación documentalmente simplificada, por non se presentar ningunha oferta dentro do prazo establecido (expediente AB-EIP1-15-012).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-15-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda, servizo de cafetaría para o público/persoal e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos (vending) do Hospital do Salnés, centro dependente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 55321000-6; 55523000-2; 55320000-9; 55330000-2; 15894220-9; 55330000-2; 55300000-3; 42968000-9.

e) Medio de publicación do anuncio da licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 27.10.2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.410.987,84 €.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 641.358,11 €.

b) Importe total: 705.493,92 €.

c) Canon mínimo anual: 8.750 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data da resolución da declaración: 24 de novembro de 2015.

b) Contratista: deserto.

Pontevedra, 24 de novembro de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés