Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2015/543-1).

Número de expediente: IN407A 2015/543-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CDR-803 derivada a CT San Martiño.

Concello: Valdoviño.

Características técnicas:

Reforma da liña eléctrica de media tensión aérea CDR-803, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,663 km, coa orixe no apoio nº 29 existente da LMT CDR-803, condutor tipo LA-56 mm2, e final no novo CT San Martiño (proxectado).

Novo centro de transformación intemperie San Martiño, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 25 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/543-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CDR-803 derivada a CT San Martiño.

Concello: Valdoviño.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº do predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

m2

2

Vilariña

Prado

José Manuel Candocia Vigo

½ 29/2

1

3

Vilariña

Prado

María Bouza López

½ 29/2

1

4

Carballo

Prado

José López Pita

29/3

2

5

Cotelo

Prado

Vicente Martínez Iglesias

½ 29/4-Con SXS

4

6

Cotelo

Prado

Vicente Martínez Iglesias

½ 29/4-con SXS

4