Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 24 de decembro de 2015 Páx. 48246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de decembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao expediente 29/76.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 30 de novembro de 2015 figura o seguinte acordo:

Monte de Lea (expediente 29/76), pertencente aos veciños da parroquia de Lea, no termo municipal de Friol, e clasificado como veciñal en man común por resolución do Xurado Provincial con data do 29 de abril de 1977. Con data do 5 de agosto de 2015 ten entrada copia autenticada de sentenza firme ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Lugo, con data do 30 de xuño de 2015, ditada no procedemento ordinario 391/2014, na cal, estimando a demanda interposta, se declara: «(...) que los predios descritos no feito 1º da demanda reitora do preito, correspondentes coas parcelas catastrais nº 4, 7, 8, 73 e 74 do polígono 101, nº 7, 8, 10, 30, 37, 43, 49, 51, 53 e 62 do polígono 103, e nº 6, 7, 25, 96 e 98 do polígono 104, todos eles do Catastro de Rústica do concello de Friol (Lugo) son de propiedade da sociedade de gananciais do demandante e a súa esposa (...)». Dado traslado da documentación ao Servizo de Montes, con data do 16 de novembro de 2015 emítese informe, especificando as modificacións resultantes, co que o monte de Lea queda cunha superficie de 115,1 ha. Xuntan esbozo da situación actual do monte. Examinada a devandita sentenza, o Xurado, por unanimidade, acorda dar cumprimento ao establecido nela e procede ás correccións oportunas, coa incorporación do esbozo referido ao expediente de clasificación.

Ao descoñecerse o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícase o devandito acordo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 3 de decembro de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo