De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente sancionador INC-CO-0041/2014-IUL.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Planificación Preventiva da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Consellería do Medio Rural, sitas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal
ANEXO
Expediente: INC-CO-0041/2014-IUL.
Persoa interesada: José Antonio Villar Varela.
Acto de notificación: resolución expediente sancionador.
Último enderezo coñecido: As Neves, s/n, 15618 A Capela (A Coruña).