Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48375

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

DECRETO 185/2015, do 23 de decembro, polo que se aproba o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

O Plan galego de estatística 2012-2016, aprobado pola Lei 8/2011, do 9 de novembro, prevé que os programas estatísticos anuais inclúan a relación de actividades estatísticas que satisfagan as súas metas de información, recollendo para cada unha delas as características que determinan os seus artigos 9 e 10. Ademais, os programas incluirán unha relación das outras actividades de interese estatístico e as vinculadas coas liñas de actuación salientables do artigo 6.4.

En cumprimento do disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, o proxecto do Programa estatístico anual 2016 foi elaborado polo Instituto Galego de Estatística, logo do informe preceptivo do Consello Galego de Estatística.

En virtude de todo o anterior, por proposta do conselleiro de Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e tres de decembro de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación do Programa estatístico anual 2016

De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, e o 3.2 da Lei 8/2011, do 9 de novembro, do Plan galego de estatística 2012-2016, apróbase o Programa estatístico anual da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016. Este programa inclúe as operacións e as outras actividades estatísticas que darán cumprimento aos obxectivos do plan, realizadas polo IGE, os órganos superiores da Administración xeral da Comunidade Autónoma e as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, que coordinarán as súas actuacións mediante os órganos estatísticos sectoriais. Nos anexos I, II, III e IV recóllense, clasifícanse e descríbense estas actividades. No anexo V preséntanse as actividades de interese estatístico que se programan para cumprir os obxectivos do plan e no anexo VI as modificacións con respecto ao programa de 2015.

Artigo 2. Obxectivos informativos

Os obxectivos informativos recollidos no artigo 6 do Plan galego de estatística comprenden as metas de información, a obrigada consideración da perspectiva de xénero e as liñas de actuación salientables.

1. Metas de información.

O plan inclúe no anexo 2 as metas de información estatística, que constitúen os seus obxectivos específicos de información. Para cumprir estes obxectivos prográmanse en 2016 as operacións e as outras actividades estatísticas incluídas no anexo I deste decreto.

2. Perspectiva de xénero.

As actividades estatísticas programadas deberán ter en conta a perspectiva de xénero. As incluídas no programa que prevexan datos sobre persoas físicas deberanse recoller e difundir por sexo. Só excepcionalmente e mediante informe motivado e aprobado polo órgano competente poderá xustificarse o incumprimento desta obriga.

3. Liñas de actuación salientables.

Dentro dos obxectivos informativos e como liñas de actuación salientables, o Plan galego de estatística 2012-2016 encomenda afondar na análise da demografía, da estrutura, da conxuntura e do sector exterior da economía. No anexo V do programa figuran as actividades de interese estatístico e outras actuacións concretas que se realizarán en 2015 para avanzar neste obxectivo de incrementar o valor da información estatística dispoñible. Xunto con esas, cómpre engadir outras de máis difícil concreción, pero tamén vencelladas coas liñas de actuación salientables, que se presentan a seguir:

a) Liña de actuación salientable 1. Demografía.

– Estimación da poboación axustada empregada no financiamento autonómico.

– Estudo da poboación residente en establecementos colectivos.

– Estudo das cifras poboacionais de referencia a 1 de xullo de cada ano.

b) Liña de actuación salientable 2. Estrutura económica.

– Actualización do marco input-output 2011.

– Estudo dos métodos para estimar macromagnitudes en termos constantes.

– Estudo das contas por sectores institucionais.

– Estudo sobre o uso estatístico das mostras do IRPF.

c) Liña de actuación salientable 3. Conxuntura económica.

– Estudo da construción dun indicador de actividade empresarial para Galicia.

– Estudo da estimación do PIB en tempo real.

– Estudo da mensualización do índice de confianza do consumidor.

– Estudo sobre a estimación da función de produción para Galicia.

d) Liña de actuación salientable 4. Sector exterior.

– Análise dos fluxos co resto das CC.AA. dos principais produtos.

Artigo 3. Obxectivos organizativos

Para dar cumprimento a estes obxectivos prográmanse en 2016 as actividades de interese estatístico incluídas no anexo V deste decreto.

Artigo 4. Obxectivos instrumentais

Para dar cumprimento a estes obxectivos prográmanse en 2016 as actividades estatísticas incluídas no anexo I deste decreto, así como as actividades de interese estatístico incluídas no seu anexo V.

Artigo 5. Carácter das operacións estatísticas.

As operacións incluídas nos programas anuais con proxecto técnico consideraranse oficiais após a publicación dos seus resultados.

Artigo 6. Planificación

Segundo o artigo 21 da Lei 8/2011, do 9 de novembro, do Plan galego de estatística 2012-2016, para que o sistema estatístico provexa información aos instrumentos de planificación que formalicen os órganos da Administración autonómica, deberá de incluírse unha operación do tipo sistema de indicadores nos programas. Cumprindo con isto, seguen a programarse para o 2016 as operacións 25-606 Estatística de infancia e adolescencia e 99-001 Sistema de indicadores do programa operativo Feder.

Disposición adicional

As actuacións estatísticas incluídas neste programa levaranse a efecto dentro das dispoñibilidades orzamentarias existentes no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o conselleiro de Facenda para ditar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución desta norma.

Disposición derradeira segunda

Esta disposición entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016.

Santiago de Compostela, vinte e tres de decembro de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo I. Metas de información e obxectivos instrumentais coas actividades estatísticas que os satisfán.

Anexo II. Operacións e outras actividades estatísticas por organismo responsable.

Anexo III. Descrición das operacións estatísticas.

Anexo IV. Descrición das outras actividades estatísticas.

Anexo V. Outras actividades de interese estatístico.

Anexo VI. Relación entre os programas para 2015 e 2016.

ANEXO I

Metas de información e actividades estatísticas que as satisfán

1 Territorio, recursos naturais e ambiente.

1.1 Territorio e recursos naturais.

1.1.1 Territorio.

11-101 Estado do planeamento urbanístico dos concellos: en curso.

11-102 Indicadores de seguimento das directrices de ordenación do territorio: en curso.

1.1.2 Oferta e demanda de solo.

1.1.3 Estradas.

11-301 Contaxe nas estradas competencia da Comunidade Autónoma: en curso.

1.1.4 Portos e outras infraestruturas.

1.1.5 Estática e dinámica forestal. Superficies e repoboacións.

AE613 Producións forestais.

1.1.6 Incendios forestais.

AE614 Incendios forestais.

1.1.7 Montes veciñais e comunidades de montes.

AE612 Explotación do Rexistro de Montes Veciñais de Man Común.

1.1.8 Caza e pesca continental.

11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza: en curso.

1.1.9 Recursos naturais e biodiversidade.

AE603 Indicadores ambientais.

1.2 Ambiente.

1.2.1 Climatoloxía.

AE616 Climatoloxía.

1.2.2 Calidade do aire.

AE615 Calidade do aire.

AE603 Indicadores ambientais.

1.2.3 Reservas de auga.

12-301 Reservas de auga: en curso.

1.2.4 Calidade e depuración de auga.

12-401 Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das zonas de baño: en curso.

AE603 Indicadores ambientais.

1.2.5 Residuos urbanos e industriais. Reciclaxe.

12-501 Xestión de residuos urbanos: en curso.

AE603 Indicadores ambientais.

1.2.6 Infraccións e impacto ambiental.

1.2.7 Hábitos e prácticas ambientais.

AE603 Indicadores ambientais.

2 Sociedade.

2.1 Poboación e fogares.

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

21-101 Indicadores demográficos: en curso.

21-102 Cifras poboacionais de referencia: en curso.

AE301 Explotación do movemento natural da poboación.

AE302 Explotación dos movementos migratorios.

AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade: en curso.

21-104 Explotación estatística do Rexistro de Parellas de Feito: en implantación.

21-105 Táboas de mortalidade: en curso.

AE329 EPA. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica.

2.1.2 Estrutura dos fogares.

25-201 Enquisa estrutural a fogares: en curso.

21-201 Estatística de familias numerosas: en curso.

2.1.3 Dinámica dos fogares.

21-301 Proxeccións de fogares: en curso.

2.1.4 Proxeccións demográficas.

21-401 Proxeccións de poboación a curto prazo: en curso.

2.2 Sanidade.

2.2.1 Asistencia sanitaria.

22-101 Explotación do Rexistro Galego de Interrupcións Voluntarias do Embarazo: en cumprimento.

AE340 Información estatística do sistema sanitario galego.

2.2.2 Listas de agarda.

22-201 Sistema de información sobre a lista de espera cirúrxica: en curso.

2.2.3 Prestación farmacéutica.

2.2.4 Estado xeral de saúde da poboación.

21-105 Táboas de mortalidade: en curso.

2.2.5 Morbilidade.

22-501 Explotación do Rexistro Galego da Sida: en cumprimento.

22-502 Explotación do Rexistro Galego de Tuberculose: en curso.

AE617 Enfermidades de declaración obrigatoria.

2.2.6 Mortalidade por causas.

22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas: en cumprimento.

22-601 Análise da mortalidade: en cumprimento.

2.2.7 Consumo de drogas e asistencia ás persoas drogodependentes.

22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas: en cumprimento.

22-702 Admisións a tratamento por consumo de substancias psicactivas: en cumprimento.

2.3 Educación e capital humano.

2.3.1 Ensino preobrigatorio.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

2.3.2 Ensino obrigatorio.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

AE337 EPA. Variables de submostra.

2.3.3 Ensino postobrigatorio non universitario.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

AE337 EPA. Variables de submostra.

2.3.4 Acceso á universidade. Oferta e demanda de titulacións.

23-501 Datos estatísticos do Sistema universitario de Galicia: en curso.

2.3.5 Ensino universitario.

23-501 Datos estatísticos do Sistema universitario de Galicia: en curso.

AE337 EPA. Variables de submostra.

2.3.6 Tránsito do sistema educativo ao mercado laboral.

23-601 Inserción laboral dos titulados de formación profesional: en curso.

2.3.7 Outros tipos de formación, coa inclusión da realizada no seo das empresas.

23-701 Estatística de escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego: en curso.

AE337 EPA. Variables de submostra.

2.4 Traballo.

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

24-101 Datos sobre ocupacións máis contratadas: en curso.

24-102 Persoal ao servizo da Administración autonómica: en cumprimento.

24-103 Enquisa de poboación activa de Galicia (EPA): en cumprimento.

24-104 Apertura de centros de traballo: en curso.

24-105 Centros especiais de emprego: en curso.

AE304 Explotación das afiliacións á Seguridade Social.

AE606 Explotación do Rexistro de Contratos Laborais.

AE607 Informe do paro rexistrado.

AE321 Explotación da mostra continua de vidas laborais.

AE328 EPA. Estatística de fluxos da poboación activa.

AE329 EPA. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica.

24-106 Afiliacións a Seguridade Social por concello de residencia do afiliado: en implantación.

AE336 Emprego na Seguridade Social e mutualidades.

AE337 EPA. Variables de submostra.

2.4.2 Accidentes laborais e enfermidades profesionais.

24-201 Sinistralidade laboral: en curso.

2.4.3 Accións preventivas en sinistralidade laboral.

2.4.4 Incapacidades por enfermidade.

2.4.5 Salarios.

AE312 Estudo sobre salarios.

2.4.6 Outras condicións laborais.

24-601 Empresas de traballo temporal: en curso.

AE337 EPA. Variables de submostra.

2.4.7 Flexibilidade na aplicación das condicións laborais.

2.4.8 Concertación laboral.

AE629 Conciliacións individuais e colectivas.

AE604 Negociación colectiva.

2.4.9 Eleccións sindicais.

24-901 Eleccións sindicais: en curso.

2.4.10 Folgas e peches patronais.

AE634 Folgas e peches patronais.

2.4.11 Infraccións e sancións.

24-1101 Infraccións e sancións na orde social: en curso.

2.4.12 Regulación de emprego.

24-1201 Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada: en curso.

2.4.13 Persoas traballadoras estranxeiras.

24-1301 Desprazamento transnacional de persoas traballadoras: en curso.

2.5 Condicións sociais.

2.5.1 Ingresos e gastos dos fogares.

25-201 Enquisa estrutural a fogares: en curso.

25-101 Enquisa conxuntural a fogares: en curso.

2.5.2 Benestar.

25-201 Enquisa estrutural a fogares: en curso.

25-203 Indicadores de cohesión social: en curso.

25-202 Indicadores de xénero: en curso.

2.5.3 Pensións e outras prestacións.

25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de inclusión social: en curso.

AE314 Pensións e outras prestacións.

25-301 Pensións da Seguridade Social por concello de residencia do pensionista: en proxecto.

2.5.4 Emprego do tempo.

2.5.5 Desprazamentos por razón de traballo e outros tipos de mobilidade.

AE329 EPA. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica.

AE335 EEF. Mobilidade.

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

25-601 Estatística de protección de menores: en curso.

25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de inclusión social: en curso.

AE315 EPA. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil.

25-603 Explotación do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais: en curso.

21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade: en curso.

25-606 Estatística de infancia e adolescencia: en proxecto.

25-1102 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores: en proxecto.

2.5.7 Discapacidade.

25-701 Explotación do censo de persoas con discapacidade: en reestruturación.

2.5.8 Violencia de xénero.

25-801 Estatística de violencia de xénero: en curso.

2.5.9 Conciliación familiar e laboral.

2.5.10 Capital social e participación cidadá.

2.5.11 Xustiza e seguridade.

AE602 Asistencia xurídica gratuíta.

25-1101 Estatística de chamadas ao Centro de Atención ás Emerxencias 112: en curso.

25-1102 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores: en proxecto.

2.6 Cultura e lecer.

2.6.1 Equipamentos e recursos culturais.

AE628 Estatística de bibliotecas públicas.

2.6.2 Equipamentos e recursos deportivos e para o lecer.

2.6.3 Hábitos e prácticas culturais.

2.6.4 Hábitos e prácticas deportivas e do lecer.

11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza: en curso.

2.6.5 Prácticas lingüísticas.

2.6.6 Produción e oferta audiovisual.

2.6.7 Outras producións e ofertas culturais.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en implantación.

2.7 Vivenda.

2.7.1 Parque de vivendas.

2.7.2 Demanda e acceso á vivenda.

AE601 Accesibilidade á vivenda.

2.7.3 Equipamento e características das vivendas.

AE334 EEF. Características básicas dos fogares.

3 Estrutura produtiva.

3.1 Sector agrario.

3.1.1 Superficies agrarias.

31-101 Superficies agrícolas: en curso.

3.1.2 Efectivos gandeiros.

31-201 Sector porcino industrial: en cumprimento.

AE620 Explotación do Rexistro de Avicultura.

31-203 Explotación do Rexistro de Gando Bovino: en curso.

31-204 Explotación do Rexistro de Ovino e Cabrún: en curso.

3.1.3 Maquinaria e outro capital agrario.

31-301 Explotación do Rexistro de Maquinaria Agrícola: en curso.

3.1.4 Producións e rendementos vexetais.

AE621 Rendementos de cultivos.

3.1.5 Sacrificio de gando.

31-501 Estatística de sacrificio de gando en matadoiros: en cumprimento.

3.1.6 Produción de leite.

3.1.7 Outras producións e rendementos animais.

3.1.8 Produción ecolóxica e de calidade.

AE603 Indicadores ambientais.

3.1.9 Características das explotacións agrarias.

31-901 Sector cunícola: en cumprimento.

31-902 Explotación do Rexistro Vitícola: en curso.

AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

31-905 Sistema de indicadores complementarios para o seguimento do Plan de desenvolvemento rural: en curso.

3.2 Pesca e acuicultura.

3.2.1 Buques pesqueiros.

32-101 Explotación do Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma: en curso.

3.2.2 Establecementos de acuicultura.

AE631 Establecementos de acuicultura mariña.

3.2.3 Primeira venda de produtos pesqueiros.

32-301 Estatística da primeira venda de produtos pesqueiros frescos: en curso.

3.2.4 Características das unidades de produción.

AE622 Estatística de produción de acuicultura mariña.

32-501 Enquisa de ocupación na pesca: en curso.

AE610 Estatística de permisos de marisqueo a pé.

3.2.5 Ocupación no sector da pesca.

32-501 Enquisa de ocupación na pesca: en curso.

3.3 Enerxía e industria.

3.3.1 Produción, distribución e consumo de enerxía.

AE633 Balance enerxético.

33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial: en curso.

3.3.2 Enerxías renovable e non renovable.

AE633 Balance enerxético.

33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial: en curso.

3.3.3 Caracterización do subsector mineiro.

3.3.4 Subsector industrial relacionado co sector primario.

AE611 Enquisa trimestral de fabricación de pensos e consumo de materias primas.

AE339 Actividade industrial en Galicia 2014.

3.3.5 Outras industrias manufactureiras.

AE307 Explotación do índice de produción industrial.

AE339 Actividade industrial en Galicia 2014.

3.4 Construción.

3.4.1 Edificación residencial e non residencial.

34-101 Estatística de construción de edificios: en cumprimento.

AE313 Seguimento e análise da construción.

3.4.2 Rehabilitación e recuperación do patrimonio construído.

3.4.3 Enxeñaría civil.

3.5 Servizos de mercado.

3.5.1 Comercio interior.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos: en curso.

3.5.2 Transporte de mercadorías e de pasaxeiros.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos: en curso.

3.5.3 Infraestruturas turística e hostaleira.

AE623 Explotación do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos: en curso.

AE412 Emprego no sector turístico galego.

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

35-401 Análise estatística sobre o excursionismo procedente de Asturias, León e Zamora: en curso.

35-402 Enquisa sobre o turismo en destino de Galicia: en curso.

35-403 Enquisa de movemento aeroportuario de Galicia: en implantación.

AE324 Conxuntura hoteleira en Galicia: análise da demanda, ocupación e rendibilidade empresarial.

3.5.5 Servizos financeiros, servizos ás empresas e outros de mercado.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos: en curso.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en implantación.

3.6 Administración pública e outros servizos non de mercado.

3.6.1 Administración autonómica.

36-101 Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma: en curso.

36-102 Explotación do Rexistro de Entidades Instrumentais do Sector Público da Comunidade Autónoma de Galicia: en curso.

3.6.2 Administración local.

3.6.3 Administración universitaria.

3.6.4 Institucións sen fins de lucro.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en implantación.

3.6.5 Ingresos tributarios e non tributarios.

36-501 Estatística tributaria autonómica: en curso.

AE317 Explotación estatística da información tributaria.

3.6.6 Recursos e gasto na educación.

3.6.7 Recursos e gasto na sanidade.

AE340 Información estatística do sistema sanitario galego.

3.6.8 Recursos e gasto nas infraestruturas.

3.6.9 Recursos e gasto na I+D+i.

3.6.10 Recursos e gasto noutras áreas de especial interese.

3.6.11 Cooperación externa.

3.7 Mercados e prezos.

3.7.1 Intercambios comerciais.

AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

3.7.2 Prezos no sector primario.

37-201 Prezos agrarios: en cumprimento.

37-202 Prezos da terra: en cumprimento.

37-203 Prezos do leite: en curso.

37-204 Explotación do Rexistro sobre Prezos Declarados polos Compradores de Leite: en curso.

3.7.3 Prezos no sector da construción e da vivenda.

3.7.4 Prezos no sector externo.

37-401 Índices de valor unitario para o comercio exterior e intracomunitario: en curso.

3.7.5 Prezos no sector enerxético.

3.7.6 Prezos noutros sectores.

3.7.7 Nivel xeral de prezos.

AE309 Informe das variacións do índice de prezos de consumo.

3.7.8 Competitividade.

37-801 Índices de competitividade: en curso.

AE627 Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia.

3.8 Actividade empresarial.

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

38-101 Explotación do directorio de empresas e unidades locais: en curso.

38-102 Indicadores do sector empresarial: en curso.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en implantación.

38-104 Explotación do Boletín Oficial del Registro Mercantil: en curso.

38-105 Estatística de multilocalización empresarial: en implantación.

AE627 Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia.

AE339 Actividade industrial en Galicia 2014.

3.8.2 Conxuntura empresarial.

3.8.3 Cooperativas, sociedades laborais e outras formas asociativas.

38-301 Cooperativas: en curso.

38-302 Sociedades laborais: en curso.

3.9 Sistema de contas.

3.9.1 Contas económicas.

39-101 Contas económicas anuais: en curso.

39-102 Contas económicas trimestrais: en curso.

39-103 Contas económicas da agricultura: en cumprimento.

AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

39-104 Produto interior bruto municipal: en curso.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en implantación.

3.9.2 Marco input-output.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en implantación.

3.9.3 Sectores institucionais.

39-402 Matriz de contabilidade social: en curso.

3.9.4 Contas satélites.

39-402 Matriz de contabilidade social: en curso.

4 Coñecemento e tecnoloxía.

4.1 Sociedade da información.

4.1.1 Sociedade da información nos fogares.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

4.1.2 Sociedade da información nas empresas.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

41-201 Empresas TIC de Galicia: en curso.

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

41-301 Estatística sobre a Administración electrónica na Xunta de Galicia: en curso.

41-302 Estatística da Administración electrónica nos concellos galegos: en curso.

4.1.4 Sociedade da información no sistema educativo.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

4.1.5 Sociedade da información no sistema sanitario.

41-501 Situación das TIC nos centros sanitarios: en curso.

4.1.6 Sociedade da información no medio rural.

AE338 A sociedade da información no medio rural.

4.2 Ciencia e tecnoloxía.

4.2.1 I+D+i nas empresas.

42-101 Situación da certificación en Galicia: en curso.

AE626 Indicadores de innovación.

4.2.2 I+D+i nas administracións.

AE626 Indicadores de innovación.

4.2.3 I+D+i na universidade.

AE626 Indicadores de innovación.

4.2.4 Comercio externo de produtos tecnolóxicos.

AE316 Comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía.

ANEXO I (bis)

Obxectivos instrumentais e actividades estatísticas que os satisfán

a) Responder ás demandas de información deseñando a actividade estatística consonte as necesidades, ofrecendo retornos de valor e reducindo as molestias aos informantes.

AE630 Indicadores de contexto do Plan de desenvolvemento rural.

AE339 Actividade industrial en Galicia 2014.

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

AE304 Explotación das afiliacións á Seguridade Social.

AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

AE307 Explotación do índice de produción industrial.

AE202 Banco de series de conxuntura.

AE205 Banco de datos territorial.

AE339 Actividade industrial en Galicia 2014.

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

AE204 Portal estatístico para o mundo educativo.

AE219 Observatorio da sociedade da información e da modernización de Galicia.

AE410 A enerxía en Galicia.

AE401 Anuario de estatística agraria.

AE402 Anuario de pesca.

AE404 Datos estatísticos básicos de Galicia.

AE406 Anuario de estatísticas sociolaborais.

AE409 Galicia aberta: a emigración en cifras.

d) Impulsar e realizar investigación estatística, tanto nos aspectos metodolóxicos e históricos como noutros ámbitos de interese para a Comunidade Autónoma que contribúan a mellorar o coñecemento da súa realidade demográfica, social, económica e ambiental.

AE708 Investigación e desenvolvemento de métodos demográficos.

e) Promover a normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do europeo.

AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

AE608 Indicadores estruturais da Unión Europea.

AE411 Panorama rural e urbano.

AE630 Indicadores de contexto do Plan de desenvolvemento rural.

f) Avanzar na estruturación informática do sistema estatístico de Galicia e dos sistemas de información.

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

AE202 Banco de series de conxuntura.

AE205 Banco de datos territorial.

AE218 Indicadores do mercado laboral.

AE201 Galicia en cifras.

AE408 A realidade da muller galega.

AE211 Boletín de conxuntura.

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

AE203 Atlas estatístico comarcal.

AE205 Banco de datos territorial.

AE411 Panorama rural e urbano.

AE609 Indicador da intensidade da demanda turística.

AE413 Panorama dos sete grandes concellos.

AE338 A sociedade da información no medio rural.

i) Desenvolver marcos e directorios de unidades estatísticas.

ANEXO II

Operacións e outras actividades estatísticas por organismo responsable

• Presidencia da Xunta.

35-401 Análise estatística sobre o excursionismo procedente de Asturias, León e Zamora: en curso.

35-402 Enquisa sobre o turismo en destino de Galicia: en curso.

35-403 Enquisa de movemento aeroportuario de Galicia: en implantación.

41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información: en curso.

41-201 Empresas TIC de Galicia: en curso.

41-301 Estatística sobre a Administración electrónica na Xunta de Galicia: en curso.

41-302 Estatística da Administración electrónica nos concellos galegos: en curso.

AE219 Observatorio da sociedade da información e da modernización de Galicia.

AE324 Conxuntura hoteleira en Galicia: análise da demanda, ocupación e rendibilidade empresarial.

AE338 A sociedade da información no medio rural.

AE409 Galicia aberta: a emigración en cifras.

AE412 Emprego no sector turístico galego.

AE623 Explotación do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

• Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

21-104 Explotación estatística do Rexistro de Parellas de Feito: en implantación.

25-801 Estatística de violencia de xénero: en curso.

25-1101 Estatística de chamadas ao Centro de Atención ás Emerxencias 112: en curso.

AE602 Asistencia xurídica gratuíta.

• Consellería de Facenda.

24-102 Persoal ao servizo da Administración autonómica: en cumprimento.

36-101 Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma: en curso.

36-102 Explotación do Rexistro de Entidades Instrumentais do Sector Público da Comunidade Autónoma de Galicia: en curso.

36-501 Estatística tributaria autonómica: en curso.

99-001 Sistema de indicadores do programa operativo Feder: en proxecto.

• Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

11-101 Estado do planeamento urbanístico dos concellos: en curso.

11-102 Indicadores de seguimento das directrices de ordenación do territorio: en curso.

11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza: en curso.

12-301 Reservas de auga: en curso.

12-501 Xestión de residuos urbanos: en curso.

AE603 Indicadores ambientais.

AE615 Calidade do aire.

AE616 Climatoloxía.

• Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

11-301 Contaxe nas estradas competencia da Comunidade Autónoma: en curso.

34-101 Estatística de construción de edificios: en cumprimento.

• Consellería de Economía, Emprego e Industria.

23-701 Estatística de escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego: en curso.

24-101 Datos sobre ocupacións máis contratadas: en curso.

24-104 Apertura de centros de traballo: en curso.

24-105 Centros especiais de emprego: en curso.

24-201 Sinistralidade laboral: en curso.

24-601 Empresas de traballo temporal: en curso.

24-901 Eleccións sindicais: en curso.

24-1101 Infraccións e sancións na orde social: en curso.

24-1201 Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada: en curso.

24-1301 Desprazamento transnacional de persoas traballadoras: en curso.

33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial: en curso.

38-301 Cooperativas: en curso.

38-302 Sociedades laborais: en curso.

42-101 Situación da certificación en Galicia: en curso.

AE218 Indicadores do mercado laboral.

AE406 Anuario de estatísticas sociolaborais.

AE410 A enerxía en Galicia.

AE604 Negociación colectiva.

AE606 Explotación do Rexistro de Contratos Laborais.

AE607 Informe do paro rexistrado.

AE629 Conciliacións individuais e colectivas.

AE633 Balance enerxético.

AE634 Folgas e peches patronais.

• Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia: en curso.

23-501 Datos estatísticos do Sistema universitario de Galicia: en curso.

23-601 Inserción laboral dos titulados de formación profesional: en curso.

AE628 Estatística de bibliotecas públicas.

• Consellería de Sanidade.

12-401 Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das zonas de baño: en curso.

21-105 Táboas de mortalidade: en curso.

22-101 Explotación do Rexistro Galego de Interrupcións Voluntarias do Embarazo: en cumprimento.

22-201 Sistema de información sobre a lista de espera cirúrxica: en curso.

22-501 Explotación do Rexistro Galego da Sida: en cumprimento.

22-502 Explotación do Rexistro Galego de Tuberculose: en curso.

22-601 Análise da mortalidade: en cumprimento.

22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas: en cumprimento.

22-702 Admisións a tratamento por consumo de substancias psicactivas: en cumprimento.

41-501 Situación das TIC nos centros sanitarios: en curso.

AE617 Enfermidades de declaración obrigatoria.

• Consellería de Política Social.

21-201 Estatística de familias numerosas: en curso.

25-601 Estatística de protección de menores: en curso.

25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de inclusión social: en curso.

25-603 Explotación do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais: en curso.

25-606 Estatística de infancia e adolescencia: en proxecto.

25-701 Explotación do censo de persoas con discapacidade: en reestruturación.

25-1102 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores: en proxecto.

• Consellería do Medio Rural.

31-101 Superficies agrícolas: en curso.

31-201 Sector porcino industrial: en cumprimento.

31-203 Explotación do Rexistro de Gando Bovino: en curso.

31-204 Explotación do Rexistro de Ovino e Cabrún: en curso.

31-301 Explotación do Rexistro de Maquinaria Agrícola: en curso.

31-501 Estatística de sacrificio de gando en matadoiros: en cumprimento.

31-901 Sector cunícola: en cumprimento.

31-902 Explotación do Rexistro Vitícola: en curso.

31-905 Sistema de indicadores complementarios para o seguimento do Plan de desenvolvemento rural: en curso.

37-201 Prezos agrarios: en cumprimento.

37-202 Prezos da terra: en cumprimento.

37-203 Prezos do leite: en curso.

37-204 Explotación do Rexistro sobre Prezos Declarados polos Compradores de Leite: en curso.

39-103 Contas económicas da agricultura: en cumprimento.

AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

AE401 Anuario de estatística agraria.

AE611 Enquisa trimestral de fabricación de pensos e consumo de materias primas.

AE612 Explotación do Rexistro de Montes Veciñais de Man Común.

AE613 Producións forestais.

AE614 Incendios forestais.

AE620 Explotación do Rexistro de Avicultura.

AE621 Rendementos de cultivos.

AE630 Indicadores de contexto do Plan de desenvolvemento rural.

• Consellería do Mar.

32-101 Explotación do Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma: en curso.

32-301 Estatística da primeira venda de produtos pesqueiros frescos: en curso.

32-501 Enquisa de ocupación na pesca: en curso.

AE402 Anuario de pesca.

AE610 Estatística de permisos de marisqueo a pé.

AE622 Estatística de produción de acuicultura mariña.

AE631 Establecementos de acuicultura mariña.

• Instituto Galego de Estatística.

21-101 Indicadores demográficos: en curso.

21-102 Cifras poboacionais de referencia: en curso.

21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade: en curso.

21-105 Táboas de mortalidade: en curso.

21-301 Proxeccións de fogares: en curso.

21-401 Proxeccións de poboación a curto prazo: en curso.

24-103 Enquisa de poboación activa de Galicia (EPA): en cumprimento.

24-106 Afiliacións a Seguridade Social por concello de residencia do afiliado: en implantación.

25-101 Enquisa conxuntural a fogares: en curso.

25-201 Enquisa estrutural a fogares: en curso.

25-202 Indicadores de xénero: en curso.

25-203 Indicadores de cohesión social: en curso.

25-301 Pensións da Seguridade Social por concello de residencia do pensionista: en proxecto.

31-905 Sistema de indicadores complementarios para o seguimento do Plan de desenvolvemento rural: en curso.

34-101 Estatística de construción de edificios: en cumprimento.

35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos: en curso.

37-401 Índices de valor unitario para o comercio exterior e intracomunitario: en curso.

37-801 Índices de competitividade: en curso.

38-101 Explotación do directorio de empresas e unidades locais: en curso.

38-102 Indicadores do sector empresarial: en curso.

38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro: en implantación.

38-104 Explotación do Boletín Oficial del Registro Mercantil: en curso.

38-105 Estatística de multilocalización empresarial: en implantación.

39-101 Contas económicas anuais: en curso.

39-102 Contas económicas trimestrais: en curso.

39-104 Produto interior bruto municipal: en curso.

39-402 Matriz de contabilidade social: en curso.

AE201 Galicia en cifras.

AE202 Banco de series de conxuntura.

AE203 Atlas estatístico comarcal.

AE204 Portal estatístico para o mundo educativo.

AE205 Banco de datos territorial.

AE211 Boletín de conxuntura.

AE301 Explotación do movemento natural da poboación.

AE302 Explotación dos movementos migratorios.

AE304 Explotación das afiliacións á Seguridade Social.

AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

AE307 Explotación do índice de produción industrial.

AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

AE309 Informe das variacións do índice de prezos de consumo.

AE312 Estudo sobre salarios.

AE313 Seguimento e análise da construción.

AE314 Pensións e outras prestacións.

AE315 EPA. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil.

AE316 Comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía.

AE317 Explotación estatística da información tributaria.

AE321 Explotación da mostra continua de vidas laborais.

AE328 EPA. Estatística de fluxos da poboación activa.

AE329 EPA. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica.

AE334 EEF. Características básicas dos fogares.

AE335 EEF. Mobilidade.

AE336 Emprego na Seguridade Social e mutualidades.

AE337 EPA. Variables de submostra.

AE339 Actividade industrial en Galicia 2014.

AE340 Información estatística do sistema sanitario galego.

AE404 Datos estatísticos básicos de Galicia.

AE408 A realidade da muller galega.

AE411 Panorama rural e urbano.

AE413 Panorama dos sete grandes concellos.

AE601 Accesibilidade á vivenda.

AE605 Indicadores de contexto do Plan estratéxico.

AE608 Indicadores estruturais da Unión Europea.

AE609 Indicador da intensidade da demanda turística.

AE626 Indicadores de innovación.

AE627 Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia.

AE630 Indicadores de contexto do Plan de desenvolvemento rural.

AE708 Investigación e desenvolvemento de métodos demográficos.

ANEXO III

Descrición das operacións estatísticas

• 11-101 Estado do planeamento urbanístico dos concellos.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.1 Territorio.

Obxectivos concretos:

Coñecer as principais características –fase en que se atopa, ano de inicio, ano de aprobación, etc.– dos planeamentos urbanísticos municipais.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: planeamento urbanístico municipal.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en febreiro de 2016.

• 11-102 Indicadores de seguimento das directrices de ordenación do territorio.

Organismo responsable:

Instituto de Estudos do Territorio. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.1 Territorio.

Obxectivos concretos:

Recompilar os principais indicadores de seguimento das directrices de ordenación do territorio e do Plan de ordenación do litoral.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: territorio da comunidade autónoma.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en varias datas a medida que o permitan as fontes.

• 11-301 Contaxe nas estradas competencia da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable:

Axencia Galega de Infraestruturas. Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.3 Estradas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o tránsito nas estradas que son competencia da Comunidade Autónoma.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: estradas competencia da Comunidade Autónoma.

territorial: estacións de medición do tráfico.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 52.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase en papel e na internet en abril de 2016.

• 11-801 Estatística de licenzas de pesca e caza.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.8 Caza e pesca continental.

2.6.4 Hábitos e prácticas deportivas e do lecer.

Obxectivos concretos:

Explotar estatisticamente os datos obtidos a partir das licenzas de caza e pesca outorgadas polo departamento responsable.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: licenzas de caza e pesca en augas continentais.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 12-301 Reservas de auga.

Organismo responsable:

Augas de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.3 Reservas de auga.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre o volume de auga e a ocupación dos encoros nas bacías de Galicia-costa.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: encoros situados nas bacías Galicia-costa.

territorial: encoro.

Periodicidade:

regular: semanal.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet os datos correspondentes a cada luns.

• 12-401 Sistema de información sobre calidade microbiolóxica das zonas de baño.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.4 Calidade e depuración de auga.

Obxectivos concretos:

Coñecer a calidade microbiolóxica das augas de uso recreativo en Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: zonas de baño marítimas e continentais.

territorial: zonas de baño.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en xuño de 2016.

• 12-501 Xestión de residuos urbanos.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.5 Residuos urbanos e industriais. Reciclaxe.

Obxectivos concretos:

Coñecer o nivel de xestión integral dos residuos urbanos.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: residuos urbanos.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 21-101 Indicadores demográficos.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Definir, elaborar e manter un sistema de indicadores demográficos que ofreza unha imaxe de síntese sobre a situación demográfica nos distintos ámbitos territoriais.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: poboación residente en Galicia.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en abril de 2016 os indicadores de poboación referidos a 2015 e os de fecundidade, nupcialidade e mortalidade referidos a 2014.

• 21-102 Cifras poboacionais de referencia.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Ofrecer cifras poboacionais de referencia con nivel de desagregación municipal.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: poboación residente en Galicia.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en febreiro de 2016.

• 21-103 Sistema de indicadores de lonxevidade.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Caracterizar o colectivo de persoas maiores, proporcionando información específica en distintos ámbitos: estrutura de poboación, mercado laboral, formación, atención médica, etc.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: persoas de 65 e máis anos.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en varias datas a medida que o permitan as fontes.

• 21-104 Explotación estatística do Rexistro de Parellas de Feito.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Xustiza. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Difundir información estatística sobre o número de inscricións de parellas de feito na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

poboacional: inscricións de parellas.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

• 21-105 Táboas de mortalidade.

Organismos responsables:

Instituto Galego de Estatística.

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

2.2.4 Estado xeral de saúde da poboación.

Obxectivos concretos:

Elaborar as táboas de mortalidade de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: poboación residente en Galicia.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundirase na internet a táboa de mortalidade do ano 2013 en febreiro de 2016.

• 21-201 Estatística de familias numerosas.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Consellería de Política Social.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.2 Estrutura dos fogares.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características –categorías, tipoloxía dos/das fillos/as, idade dos cónxuxes e fillos/as, situación laboral e estado civil do titular– das familias numerosas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: familias numerosas.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en xullo de 2016.

• 21-301 Proxeccións de fogares.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.3 Dinámica dos fogares.

Obxectivos concretos:

Estimar o número de fogares galegos en distintas datas do futuro.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: fogares galegos.

territorial: grupo de comarcas.

Periodicidade:

irregular.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet os resultados referidos a diferentes datas en decembro de 2016.

• 21-401 Proxeccións de poboación a curto prazo.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.4 Proxeccións demográficas.

Obxectivos concretos:

Estimar a evolución da poboación galega a curto prazo de acordo coa información demográfica dispoñible.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: poboación residente en Galicia.

territorial: grupo de comarcas.

Periodicidade:

regular: bienal.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet, en decembro de 2016, a actualización das cifras da poboación proxectada.

• 22-101 Explotación do Rexistro Galego de Interrupcións Voluntarias do Embarazo.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.1 Asistencia sanitaria.

Obxectivos concretos:

Coñecer a frecuencia e as características das interrupcións voluntarias do embarazo realizadas polas mulleres que residen en Galicia.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: interrupcións voluntarias do embarazo.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en outubro de 2016.

• 22-201 Sistema de información sobre a lista de espera cirúrxica.

Organismo responsable:

Servizo Galego de Saúde. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.2 Listas de agarda.

Obxectivos concretos:

Dar información cuantitativa sobre o número de pacientes e tempo de espera nos centros do Servizo Galego de Saúde.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: poboación residente en Galicia.

territorial: complexos hospitalarios.

Periodicidade:

regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2015 difundirase na internet en xaneiro de 2016.

O primeiro trimestre de 2016 difundirase na internet en abril de 2016.

O segundo trimestre de 2016 difundirase na internet en xullo de 2016.

O terceiro trimestre de 2016 difundirase na internet en outubro de 2016.

• 22-501 Explotación do Rexistro Galego da Sida.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.5 Morbilidade.

Obxectivos concretos:

Describir a incidencia, evolución e características da síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: casos de sida, isto é, casos de infección por VIH manifestada clinicamente por unha ou máis das enfermidades indicativas da sida.

territorial: complexos hospitalarios.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en novembro de 2016.

• 22-502 Explotación do Rexistro Galego de Tuberculose.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.5 Morbilidade.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de casos, incidencia, evolución e características da tuberculose.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: casos de tuberculose.

territorial: unidade de tuberculose (UTB).

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 400 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en novembro de 2016.

• 22-601 Análise da mortalidade.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.6 Mortalidade por causas.

Obxectivos concretos:

Coñecer a causa da morte dos residentes en Galicia.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: defuncións de residentes na comunidade.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: médico que certifica a morte e persoa que inscribe no Rexistro Civil a defunción.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2014 difundirase na internet en novembro de 2016.

• 22-701 Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.6 Mortalidade por causas.

2.2.7 Consumo de drogas e asistencia ás persoas drogodependentes.

Obxectivos concretos:

Analizar a mortalidade real logo da reacción aguda por consumo de drogas e as características desa morte –circunstancias en que se produciu, substancias que causaron a morte, etc.–.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: falecidos por reacción aguda a substancias psicactivas.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 22-702 Admisións a tratamento por consumo de substancias psicactivas.

Organismo responsable:

Servizo Galego de Saúde. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.7 Consumo de drogas e asistencia ás persoas drogodependentes.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de persoas admitidas a tratamento ambulatorio por abuso ou dependencia de substancias psicactivas.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: pacientes drogodependentes dos centros da rede do Plan galego de drogas.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 18.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 23-201 Estatística do ensino non universitario en Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.1 Ensino preobrigatorio.

2.3.2 Ensino obrigatorio.

2.3.3 Ensino postobrigatorio non universitario.

4.1.4 Sociedade da información no sistema educativo.

Obxectivos concretos:

Amosar os aspectos máis significativos –centros, alumnos e profesores– da educación non universitaria. Coñecer a situación dos centros educativos públicos e privados no referente á implantación neles das novas tecnoloxías.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: centros de ensino non universitario.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 62.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet, en setembro de 2016, os principais resultados referidos ao curso 2015/16 provisionais e 2014/15 definitivos.

Difundiranse na internet os resultados detallados definitivos referidos ao curso 2013/14 en xullo de 2016.

• 23-501 Datos estatísticos do Sistema universitario de Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Universidades. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.4 Acceso á universidade. Oferta e demanda de titulacións.

2.3.5 Ensino universitario.

Obxectivos concretos:

Amosar e recompilar os aspectos máis significativos da educación universitaria en Galicia. Recompilar, sintetizar e difundir a información derivada das probas de acceso á universidade.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: alumnos matriculados e alumnos graduados nas universidades galegas.

territorial: campus universitario.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 4.400 euros.

Forma e prazos de difusión:

O curso 2013/14 difundirase en papel en setembro de 2016.

• 23-601 Inserción laboral dos titulados de formación profesional.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.6 Tránsito do sistema educativo ao mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer a situación laboral e as vías de adquisición de emprego dos titulados da formación profesional transcorrido un tempo desde o remate dos seus estudos.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: titulados en FP.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa titulada en formación profesional.

Periodicidade:

regular: bienal.

Orzamento aproximado: 50.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os resultados referidos aos alumnos que remataron no curso 2013/14 difundiranse na internet en setembro do ano 2016.

• 23-701 Estatística de escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.7 Outros tipos de formación, coa inclusión da realizada no seo das empresas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e características dese tipo de centros e do seu alumnado.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: escolas, casas de oficio e obradoiros de emprego.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 24-101 Datos sobre ocupacións máis contratadas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Dar unha información descritiva das ocupacións máis destacadas polo seu volume contractual no mercado laboral galego.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: contratos laborais rexistrados.

territorial: comarcas.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en marzo de 2016.

• 24-102 Persoal ao servizo da Administración autonómica.

Organismo responsable:

Dirección Xeral da Función Pública. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o persoal ao servizo da Administración autonómica.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: persoal ao servizo da Administración autonómica.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O segundo semestre de 2015 difundirase na internet en febreiro de 2016.

O primeiro semestre do 2016 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 24-103 Enquisa de poboación activa de Galicia (EPA).

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística e Instituto Nacional de Estadística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Obter as principais características da poboación en relación coa actividade no ámbito de Galicia, a partir da mostra ampliada no seu conxunto da EPA, incluíndo datos sobre xente nova (young people).

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: poboación residente en vivendas familiares principais.

territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa.

Periodicidade:

regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 370.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2015 difundirase na internet en xaneiro de 2016.

O primeiro trimestre de 2016 difundirase na internet en abril de 2016.

O segundo trimestre de 2016 difundirase na internet en xullo de 2016.

O terceiro trimestre de 2016 difundirase na internet en outubro de 2016.

• 24-104 Apertura de centros de traballo.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as aperturas de centros de traballo ou de reinicio de actividade despois de efectuar alteracións, ampliacións ou transformacións de importancia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: centros de traballo de nova creación, reinicio da actividade, cambio de actividade e traslado.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 270 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 24-105 Centros especiais de emprego.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de centros especiais de emprego segundo as súas principais características.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: centros especiais de emprego con domicilio social na Comunidade Autónoma.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en maio de 2016.

• 24-106 Afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia do afiliado.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Calcular as afiliacións á Seguridade Social por concello de residencia do afiliado a partir dos ficheiros que a Tesouraría da Seguridade Social proporciona ao IGE a través do convenio de colaboración publicado no BOE núm. 90, do 15 de abril de 2011. Para imputar o concello de residencia empregarase o ficheiro nominal do Padrón municipal continuo proporcionado polo INE ao IGE en virtude do convenio marco de intercambio de información entre o INE e o IGE.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

poboacional: afiliacións á Seguridade Social.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

• 24-1101 Infraccións e sancións na orde social.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.11 Infraccións e sancións.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as actas de infraccións levantadas pola Inspección de Traballo en Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: actas de infracción levantadas pola Inspección de Traballo e Seguridade Social na Comunidade Autónoma en materia de traballo e en materia de seguridade e saúde laboral.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 270 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 24-1201 Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.12 Regulación de emprego.

Obxectivos concretos:

Coñecer os expedientes e o número de traballadores afectados por medidas de regulación de emprego.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e redución de xornada.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 270 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 24-1301 Desprazamento transnacional de persoas traballadoras.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.13 Persoas traballadoras estranxeiras.

Obxectivos concretos:

Coñecer os desprazamentos de persoas traballadoras no marco dunha prestación transnacional.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: desprazamento de persoas traballadoras no marco dunha prestación transnacional.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 270 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 24-201 Sinistralidade laboral.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.2 Accidentes laborais e enfermidades profesionais.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre os accidentes laborais con baixa e das enfermidades profesionais segundo as características do accidente-enfermidade, das empresas e das persoas traballadoras.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: accidentes en xornada de traballo con baixa e enfermidades profesionais con baixa.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 1.140 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase en dispositivo de memoria USB e na internet en xullo de 2016.

• 24-601 Empresas de traballo temporal.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.6 Outras condicións laborais.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características das empresas de traballo temporal.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: empresas de traballo temporal con domicilio na Comunidade Autónoma.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 270 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 24-901 Eleccións sindicais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.9 Eleccións sindicais.

Obxectivos concretos:

Coñecer de xeito detallado os resultados das eleccións sindicais en Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: eleccións sindicais.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 270 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 25-101 Enquisa conxuntural a fogares.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.1 Ingresos e gastos dos fogares.

Obxectivos concretos:

Estudar o comportamento dos fogares galegos como consumidores, nos seus plans de gasto en servizos, bens de consumo duradeiro, etc. segundo as principais variables sociodemográficas. Esta enquisa permite calcular o índice de confianza do consumidor, indicador resumo que ten como finalidade obter un rápido coñecemento dos cambios na percepción que teñen os consumidores sobre a súa situación económica persoal e que influirá nos seus plans de gasto.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: fogares residentes en vivendas familiares principais.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: fogar.

Periodicidade:

regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 62.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2015 difundirase na internet o 4 de xaneiro de 2016.

O primeiro trimestre de 2016 difundirase na internet o 4 de abril de 2016.

O segundo trimestre de 2016 difundirase na internet o 4 de xullo de 2016.

O terceiro trimestre de 2016 difundirase na internet o 4 de outubro de 2016.

• 25-1101 Estatística de chamadas ao Centro de Atención ás Emerxencias 112.

Organismo responsable:

Axencia Galega de Emerxencias. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.11 Xustiza e seguridade.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o número de chamadas atendidas e emerxencias xestionadas na Comunidade Autónoma de Galicia, a través do Centro de Atención de Emerxencias 112.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: chamadas e emerxencias.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en marzo de 2016.

• 25-1102 Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Consellería de Política Social.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

2.5.11 Xustiza e seguridade.

Obxectivos concretos:

Coñecer as magnitudes e principais características dos mozos e mozas que executan medidas xudiciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

poboacional: persoas menores que executan medidas xudiciais pola comisión de feitos delituosos.

territorial: provincias.

• 25-201 Enquisa estrutural a fogares.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.2 Estrutura dos fogares.

2.5.1 Ingresos e gastos dos fogares.

2.5.2 Benestar.

Obxectivos concretos:

Analizar e describir as principais características dos fogares galegos, en canto á súa composición demográfica e á súa situación económica. Neste ano recollerase ademais información sobre as condicións no traballo e a formación dos ocupados galegos.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: fogares residentes en vivendas familiares principais.

territorial: grupo de comarcas.

Persoa obrigada a subministrar información: fogar e persoa.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 550.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 25-202 Indicadores de xénero.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.2 Benestar.

Obxectivos concretos:

Elaborar un conxunto de indicadores que permitan analizar as diferenzas entre xéneros existentes nos diferentes ámbitos da sociedade.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: poboación residente en Galicia.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundirase na internet en varias datas segundo o permitan as fontes.

• 25-203 Indicadores de cohesión social.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.2 Benestar.

Obxectivos concretos:

Ofrecer para Galicia os indicadores estruturais de cohesión social definidos por Eurostat.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: fogares residentes en vivendas familiares principais.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en varias datas a medida que o permitan as fontes.

• 25-301 Pensións da Seguridade Social por concello de residencia do pensionista.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.3 Pensións e outras prestacións.

Obxectivos concretos:

Calcular as pensións da Seguridade Social por concello de residencia do pensionista a partir dos ficheiros que o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Instituto Social da Mariña proporciona ao IGE a través do convenio de colaboración publicado no BOE núm. 219, do 12 de setembro de 2011. Para imputar o concello de residencia, empregarase o ficheiro nominal do Padrón municipal continuo proporcionado polo INE ao IGE en virtude do convenio marco de intercambio de información entre o INE e o IGE.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

poboacional: pensións da Seguridade Social.

territorial: concellos.

• 25-601 Estatística de protección de menores.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Consellería de Política Social.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Coñecer as magnitudes e principais características dos nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou desamparo, incluídos no Sistema de protección de menores da Xunta de Galicia, e das súas familias.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección e as súas familias.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 25-602 Estatística sobre beneficiarios da Risga e das axudas de inclusión social.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Inclusión Social. Consellería de Política Social.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.3 Pensións e outras prestacións.

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Presentar o número e evolución dos beneficiarios da Risga e das axudas para situacións de inclusión social, o orzamento executado e o perfil dos beneficiarios das referidas prestacións.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: beneficiarios da Risga e das axudas de inclusión social.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en xuño de 2016.

• 25-603 Explotación do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería de Política Social.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Coñecer as entidades, programas e centros relacionados cos servizos sociais recollidos nos rexistros administrativos xestionados pola Administración autonómica.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: entidades prestadoras de servizos sociais.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en marzo de 2016.

• 25-606 Estatística de infancia e adolescencia.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Consellería de Política Social.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Construír un sistema de indicadores para a infancia e a adolescencia e estudar realizar novas actividades ou novas actuacións nas existentes se for necesario.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

poboacional: persoas de menos de 18 anos.

territorial: Galicia.

• 25-701 Explotación do censo de persoas con discapacidade.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Consellería de Política Social.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.7 Discapacidade.

Obxectivos concretos:

Coñecer as principais características da poboación que ten recoñecida a discapacidade.

Estado: en reestruturación.

Ámbitos de investigación:

poboacional: persoas con discapacidade.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en abril de 2016.

• 25-801 Estatística de violencia de xénero.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral da Igualdade. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.8 Violencia de xénero.

Obxectivos concretos:

Difundir información estatística sobre as prestacións e demais axudas dirixidas ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: axudas, prestacións e acreditacións dirixidas ás mulleres vítimas de violencia de xénero.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: semestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O segundo semestre do ano 2015 e o total deste ano difundiranse na internet en febreiro de 2016.

O primeiro semestre do ano 2016 difundirase na internet en agosto de 2016.

• 31-101 Superficies agrícolas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.1 Superficies agrarias.

Obxectivos concretos:

Determinar os usos do solo e as superficies ocupadas polos cultivos agrícolas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: cultivos agrícolas.

territorial: comarcas.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 42.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en outubro de 2016.

• 31-201 Sector porcino industrial.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Recoller e difundir as principais características do sector porcino industrial –efectivos e explotacións– na Comunidade Autónoma.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: explotacións de porcino industriais.

territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 3.500 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 31-203 Explotación do Rexistro de Gando Bovino.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Obter o número de efectivos de gando bovino por tipoloxías e razas así como os datos das explotacións e as súas dimensións.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: explotacións de gando bovino.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 31-204 Explotación do Rexistro de Ovino e Cabrún.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Obter o número de explotacións e efectivos de gando ovino e cabrún por tipoloxías e actividades así como os datos das súas dimensións e capacidades produtivas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: explotacións de gando ovino e cabrún.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en setembro de 2016.

• 31-301 Explotación do Rexistro de Maquinaria Agrícola.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.3 Maquinaria e outro capital agrario.

Obxectivos concretos:

Determinar a cantidade de efectivos de maquinaria agraria en uso por tipoloxías e categorías.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: máquinas inscritas no Rexistro de Maquinaria Agrícola.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundiranse na internet en agosto de 2016.

• 31-501 Estatística de sacrificio de gando en matadoiros.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.5 Sacrificio de gando.

Obxectivos concretos:

Obter os datos de sacrificio de gando nos matadoiros da Comunidade Autónoma e o destino desta carne.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: matadoiros.

territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: matadoiro.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 6.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en xullo de 2016.

• 31-901 Sector cunícola.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.9 Características das explotacións agrarias.

Obxectivos concretos:

Recoller e difundir as principais características do sector cunícola –efectivos e explotacións– na Comunidade Autónoma.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: explotacións cunícolas, fábricas de pensos e matadoiros de coellos.

territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación, fábrica e matadoiro.

Periodicidade:

regular: cada cinco anos.

Orzamento aproximado: 2.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 31-902 Explotación do Rexistro Vitícola.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.9 Características das explotacións agrarias.

Obxectivos concretos:

Determinar as superficies e producións das distintas variedades de viñedo, así como os sistemas de cultivo empregados.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: explotacións inscritas no Rexistro Vitícola.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 31-905 Sistema de indicadores complementarios para o seguimento do Plan de desenvolvemento rural.

Organismos responsables:

Instituto Galego de Estatística.

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.9 Características das explotacións agrarias.

Obxectivos concretos:

Elaborar un sistema de indicadores que complemente os de contexto construídos pola Comisión Europea co gallo de reflectir mellor as peculiaridades e de servir para analizar o efecto do PDR dentro de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: variables socioeconómicas, sectoriais e ambientais.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en varias datas a medida que o permitan as fontes.

• 32-101 Explotación do Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.1 Buques pesqueiros.

Obxectivos concretos:

Coñecer as características –actividade, artes empregadas, zonas xeográficas de pesca, capacidade de pesca (CV) e capacidade de almacenamento (GT)– da frota pesqueira con base nos portos da Comunidade Autónoma.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: buques pesqueiros con base nos portos da comunidade autónoma.

territorial: zonas de produción pesqueira e marisqueira.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 2.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en marzo de 2016.

• 32-301 Estatística da primeira venda de produtos pesqueiros frescos.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.3 Primeira venda de produtos pesqueiros.

Obxectivos concretos:

Obter os datos de primeira venda dos produtos pesqueiros frescos nas lonxas ou centros de primeira venda autorizados.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: primeira venda de produtos pesqueiros frescos.

territorial: lonxa, centro de venda ou establecemento autorizado de primeira venda de pesca fresca.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 6.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os datos definitivos do ano 2015 difundiranse na internet en xuño de 2016. Tamén se publican datos provisionais diariamente.

• 32-501 Enquisa de ocupación na pesca.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.4 Características das unidades de produción.

3.2.5 Ocupación no sector da pesca.

Obxectivos concretos:

Coñecer a ocupación nas unidades de pesca con porto base na Comunidade Autónoma de Galicia. Coñecer a ocupación nas unidades de acuicultura situadas na Comunidade Autónoma de Galicia. Coñecer a ocupación no marisqueo da Comunidade Autónoma de Galicia. Avaliar a produción e as características económicas das unidades de produción da pesca extractiva e da acuicultura.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: persoas ocupadas na pesca.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: armador ou propietario do buque e responsable das explotacións de acuicultura.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 40.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 33-201 Caracterización da xeración eléctrica do réxime especial.

Organismo responsable:

Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.1 Produción, distribución e consumo de enerxía.

3.3.2 Enerxías renovable e non renovable.

Obxectivos concretos:

Facilitar información sobre a vertedura e captación de enerxía eléctrica á/da rede polas centrais eléctricas situadas en Galicia e que estean acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: centrais en réxime especial de potencia superior a 1 MW.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 7.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os resultados referidos a un mes difundiranse na internet ao mes seguinte.

• 34-101 Estatística de construción de edificios.

Organismos responsables:

Instituto Galego de Estatística.

Instituto Galego da Vivenda e Solo. Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.4.1 Edificación residencial e non residencial.

Obxectivos concretos:

Coñecer a evolución da actividade da construción e rehabilitación de edificios residenciais e non residenciais.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: licenzas concedidas para obras de edificación.

territorial: concellos.

Persoa obrigada a subministrar información: promotor inmobiliario ou técnico responsable da obra no seu nome.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

A información referida a outubro de 2015 difundirase na internet o 29 de xaneiro de 2016.

A información referida a novembro de 2015 difundirase na internet o 26 de febreiro de 2016.

A información referida a decembro de 2015 difundirase na internet o 31 de marzo de 2016.

A información referida a xaneiro de 2016 difundirase na internet o 29 de abril de 2016.

A información referida a febreiro de 2016 difundirase na internet o 27 de maio de 2016.

A información referida a marzo de 2016 difundirase na internet o 30 de xuño de 2016.

A información referida a abril de 2016 difundirase na internet o 29 de xullo de 2016.

A información referida a maio de 2016 difundirase na internet o 31 de agosto de 2016.

A información referida a xuño de 2016 difundirase na internet o 30 de setembro de 2016.

A información referida a xullo de 2016 difundirase na internet o 28 de outubro de 2016.

A información referida a agosto de 2016 difundirase na internet o 30 de novembro de 2016.

A información referida a setembro de 2016 difundirase na internet o 30 de decembro de 2016.

• 35-401 Análise estatística sobre o excursionismo procedente de Asturias, León e Zamora.

Organismo responsable:

Axencia Turismo de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

Obxectivos concretos:

Cuantificar o número de excursións a Galicia realizadas por individuos de 15 e máis anos procedentes de Asturias, León e Zamora.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: persoas que visitan Galicia entrando e saíndo no día.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 40.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en xuño de 2016.

• 35-402 Enquisa sobre o turismo en destino de Galicia.

Organismo responsable:

Axencia Turismo de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

Obxectivos concretos:

Coñecer o perfil do turista que visita Galicia no período estival e a distribución do gasto que efectúa.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: persoas de 15 e máis anos que pasan polo menos unha noite fóra do seu domicilio habitual.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 125.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse os resultados do ano 2015 en decembro de 2016.

• 35-403 Enquisa de movemento aeroportuario de Galicia.

Organismo responsable:

Axencia Turismo de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

Obxectivos concretos:

Coñecer as principais características do viaxeiro que vén a Galicia e que utiliza o avión como medio de transporte.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

poboacional: pasaxeiros de saída en aeroportos galegos non residentes en Galicia.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: persoa.

Periodicidade:

regular: anual.

• 35-501 Indicadores de actividade e de VEB do sector servizos.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.1 Comercio interior.

3.5.2 Transporte de mercadorías e de pasaxeiros.

3.5.3 Infraestruturas turística e hostaleira.

3.5.5 Servizos financeiros, servizos ás empresas e outros de mercado.

Obxectivos concretos:

Analizar a conxuntura da actividade económica no sector servizos en Galicia, no marco dun sistema integrado de contas económicas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: servizos de mercado non financeiros.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

A información referida a novembro de 2015 difundirase na internet o 21 de xaneiro de 2016.

A información referida a decembro de 2015 difundirase na internet o 19 de febreiro de 2016.

A información referida a xaneiro de 2016 difundirase na internet o 22 de marzo de 2016.

A información referida a febreiro de 2016 difundirase na internet o 21 de abril de 2016.

A información referida a marzo de 2016 difundirase na internet o 20 de maio de 2016.

A información referida a abril de 2016 difundirase na internet o 21 de xuño de 2016.

A información referida a maio de 2016 difundirase na internet o 15 de xullo de 2016.

A información referida a xuño de 2016 difundirase na internet o 12 de agosto de 2016.

A información referida a xullo de 2016 difundirase na internet o 21 de setembro de 2016.

A información referida a agosto de 2016 difundirase na internet o 24 de outubro de 2016.

A información referida a setembro de 2016 difundirase na internet o 23 de novembro de 2016.

A información referida a outubro de 2016 difundirase na internet o 21 de decembro de 2016.

• 36-101 Indicadores da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.1 Administración autonómica.

Obxectivos concretos:

Amosar a situación e a evolución dunha serie de indicadores de síntese das operacións realizadas pola Administración autonómica durante un período de tempo determinado.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: Administración xeral e organismos autónomos da Comunidade Autónoma.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O terceiro trimestre de 2015 difundirase na internet en xaneiro de 2016.

O cuarto trimestre de 2015 difundirase na internet en abril de 2016.

O primeiro trimestre de 2016 difundirase na internet en xullo de 2016.

O segundo trimestre de 2016 difundirase na internet en outubro de 2016.

• 36-102 Explotación do Rexistro de Entidades Instrumentais do Sector Público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.1 Administración autonómica.

Obxectivos concretos:

Recoller, sistematizar e analizar a información básica destes organismos que integran o Rexistro de Entidades Instrumentais do Sector Público da Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: sector institucional da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (segundo o SEC-95).

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os anos 2012, 2013, 2014 e 2015 difundiranse na internet en decembro de 2016.

• 36-501 Estatística tributaria autonómica.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.5 Ingresos tributarios e non tributarios.

Obxectivos concretos:

Recompilar e sintetizar os datos dos tributos recadados na Comunidade Autónoma.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: Administración xeral e organismos autónomos da Comunidade Autónoma.

territorial: delegacións territoriais.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os anos 2012, 2013, 2014 e 2015 difundiranse na internet en decembro de 2016.

• 37-201 Prezos agrarios.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Estimar os principais valores dos prezos agrarios percibidos e pagados polos agricultores.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: principais produtos agrícolas, gandeiros e forestais.

territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación agraria e entidades relacionadas coa actividade agraria.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 10.800 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en xullo de 2016.

• 37-202 Prezos da terra.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Estimar o valor das diferentes categorías e especificacións da terra e analizar a evolución do prezo da terra.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: terras de cultivo non susceptibles doutros aproveitamentos diferentes dos agrícolas.

territorial: provincias.

Persoa obrigada a subministrar información: comprador e vendedor de terras, rexistros, notarías, profesionais do sector.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 6.750 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en xuño de 2016.

• 37-203 Prezos do leite.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Coñecer a evolución do prezo do leite percibido polas explotacións leiteiras.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: explotacións leiteiras situadas en Galicia.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: explotación leiteira.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 21.070 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 37-204 Explotación do Rexistro sobre Prezos Declarados polos Compradores de Leite.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.2 Prezos no sector primario.

Obxectivos concretos:

Explotar o prezo do leite que declaran os compradores que recollen leite en Galicia para dispoñer del dun xeito máis áxil.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: compradores de leite autorizados.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

No mes t difundiranse, na internet, os resultados referidos ao mes t-2.

• 37-401 Índices de valor unitario para o comercio exterior e intracomunitario.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.4 Prezos no sector externo.

Obxectivos concretos:

Obter unha aproximación aos índices de prezos das operacións de exportación e/ou expedición e importación e/ou introdución de mercadorías con orixe/destino en Galicia, excluíndo o comercio co resto de España.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: comercio exterior (terceiros países) e intracomunitario.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

A información referida a outubro de 2015 difundirase na internet o 13 de xaneiro de 2016.

A información referida a novembro de 2015 difundirase na internet o 3 de febreiro de 2016.

A información referida a decembro de 2015 difundirase na internet o 4 de marzo de 2016.

A información referida a xaneiro de 2016 difundirase na internet o 4 de abril de 2016.

A información referida a febreiro de 2016 difundirase na internet o 4 de maio de 2016.

A información referida a marzo de 2016 difundirase na internet o 3 de xuño de 2016.

A información referida a abril de 2016 difundirase na internet o 4 de xullo de 2016.

A información referida a maio de 2016 difundirase na internet o 4 de agosto de 2016.

A información referida a xuño de 2016 difundirase na internet o 5 de setembro de 2016.

A información referida a xullo de 2016 difundirase na internet o 4 de outubro de 2016.

A información referida a agosto de 2016 difundirase na internet o 3 de novembro de 2016.

A información referida a setembro de 2016 difundirase na internet o 5 de decembro de 2016.

• 37-801 Índices de competitividade.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.8 Competitividade.

Obxectivos concretos:

Obter uns índices que permitan seguir a evolución da competitividade exterior da economía galega nos mercados internacionais.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: comercio exterior (terceiros países) e intracomunitario.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

regular: trimestral.

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Realizarase na internet unha actualización mensual.

• 38-101 Explotación do directorio de empresas e unidades locais.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos concretos:

Elaborar e manter un conxunto organizado de información sobre empresas e unidades locais con actividade económica en Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: empresas que realizan algunha actividade en Galicia.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 38-102 Indicadores do sector empresarial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos concretos:

Elaborar unha serie de indicadores que permitan seguir a evolución da actividade empresarial galega.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: empresas que teñen a sede social en Galicia.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2014 difundirase na internet en novembro de 2016.

• 38-103 Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.6.7 Outras producións e ofertas culturais.

3.5.5 Servizos financeiros, servizos ás empresas e outros de mercado.

3.6.4 Institucións sen fins de lucro.

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

3.9.1 Contas económicas.

3.9.2 Marco input-output.

Obxectivos concretos:

Delimitar o alcance das actividades e obter información relativa ás variables económicas e de emprego das ramas estudadas.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

poboacional: persoas físicas e xurídicas con actividade en servizos profesionais, técnicos, auxiliares e outros servizos a empresas e actividades artísticas, recreativas e de entretemento e actividades asociativas.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: empresas e institucións sen fins de lucro.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

• 38-104 Explotación do Boletín Oficial del Registro Mercantil.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos concretos:

Medir a demografía das sociedades mercantís en Galicia, ofrecendo información das sociedades creadas, rexistradas durante o mes de referencia, así como das sociedades que amplían e reducen capital, desembolsan dividendos pasivos, suspensións de pagamentos e quebras, sociedades disoltas e extinguidas, transformacións de sociedades, escisións e fusións.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: sociedades mercantís que presentan os datos no Rexistro Mercantil de cada provincia.

territorial: concellos.

Periodicidade:

regular: mensual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

A información referida a decembro de 2015 difundirase na internet o 8 de xaneiro de 2016.

A información referida a xaneiro de 2016 difundirase na internet o 5 de febreiro de 2016.

A información referida a febreiro de 2016 difundirase na internet o 4 de marzo de 2016.

A información referida a marzo de 2016 difundirase na internet o 8 de abril de 2016.

A información referida a abril de 2016 difundirase na internet o 6 de maio de 2016.

A información referida a maio de 2016 difundirase na internet o 3 de xuño de 2016.

A información referida a xuño de 2016 difundirase na internet o 6 de xullo de 2016.

A información referida a xullo de 2016 difundirase na internet o 5 de agosto de 2016.

A información referida a agosto de 2016 difundirase na internet o 7 de setembro de 2016.

A información referida a setembro de 2016 difundirase na internet o 6 de outubro de 2016.

A información referida a outubro de 2016 difundirase na internet o 4 de novembro de 2016.

A información referida a novembro de 2016 difundirase na internet o 2 de decembro de 2016.

• 38-105 Estatística de multilocalización empresarial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos concretos:

Proporcionar información relativa ás principais características e indicadores de estrutura e actividade en Galicia das empresas con sede fóra de Galicia.

Estado: en implantación.

Ámbitos de investigación:

poboacional: empresas con establecementos en Galicia e sede fóra da Comunidade Autónoma.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

• 38-301 Cooperativas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.3 Cooperativas, sociedades laborais e outras formas asociativas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características das sociedades cooperativas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: sociedades cooperativas con domicilio social na Comunidade Autónoma.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en maio de 2016.

• 38-302 Sociedades laborais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.8.3 Cooperativas, sociedades laborais e outras formas asociativas.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as principais características das sociedades laborais.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: sociedades laborais con domicilio social na Comunidade Autónoma.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en maio de 2016.

• 39-101 Contas económicas anuais.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Analizar e avaliar a estrutura e evolución da economía de Galicia, no seu conxunto e os seus compoñentes de oferta, demanda e rendas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet en agosto de 2016 a serie 2000-2014, base 2010.

• 39-102 Contas económicas trimestrais.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Proporcionar unha descrición cuantitativa coherente do conxunto da actividade económica galega no pasado inmediato mediante un cadro macroeconómico trimestral elaborado desde a óptica da oferta e da demanda.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: trimestral.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O cuarto trimestre de 2015 difundirase na internet o 25 de febreiro de 2016.

O primeiro trimestre de 2016 difundirase na internet o 26 de maio de 2016.

O segundo trimestre de 2016 difundirase na internet o 25 de agosto de 2016.

O terceiro trimestre de 2016 difundirase na internet o 24 de novembro de 2016.

• 39-103 Contas económicas da agricultura.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Estimar a valoración das producións agrarias en metodoloxía SEC e analizar a evolución da renda agraria e das principais macromagnitudes.

Estado: en cumprimento.

Ámbitos de investigación:

poboacional: rama agraria, actividades da agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas.

territorial: provincias.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet os principais resultados de 2009, 2010 e 2011, e os anos 2012 e 2013.

• 39-104 Produto interior bruto municipal.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Realizar unha estimación do valor engadido xerado en cada concello de Galicia, e por agregación das comarcas e provincias. Ofrecer información da estrutura produtiva por comarcas.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

territorial: concellos.

Periodicidade:

irregular.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os datos do ano 2014 difundiranse na internet en decembro de 2016.

• 39-402 Matriz de contabilidade social.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.9.3 Sectores institucionais.

3.9.4 Contas satélites.

Obxectivos concretos:

Describir os vínculos entre o valor engadido xerado polas ramas de actividade da economía e a renda primaria por subgrupos de fogares, divididos en función de categorías de persoas ocupadas, dentro do marco xeral do sistema de contas de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: unidades económicas residentes en Galicia.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

irregular.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse os datos definitivos do ano 2013 en outubro de 2016.

• 41-101 Sistema de indicadores da sociedade da información.

Organismo responsable:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.1 Sociedade da información nos fogares.

4.1.2 Sociedade da información nas empresas.

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

Obxectivos concretos:

Elaboración dunha serie de indicadores que traten de recoller todas as variables relevantes en materia de tecnoloxías da información e da comunicación que permitan analizar a repercusión e evolución das medidas adoptadas neste campo.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: sector TIC.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 5.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Difundiranse na internet os resultados referidos a diferentes datas en decembro de 2016.

• 41-201 Empresas TIC de Galicia.

Organismo responsable:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.2 Sociedade da información nas empresas.

Obxectivos concretos:

Estudar e caracterizar a realidade do sector empresarial TIC galego (dado o seu carácter estratéxico no desenvolvemento económico de Galicia e o efecto tractor e dinamizador TIC que exerce no resto de actividades empresariais). Servir de elemento de apoio para a definición das políticas públicas en materia da sociedade da información e modernización de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: empresas do sector TIC.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: empresa.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 18.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os datos do ano 2015 difundiranse na internet en decembro de 2016.

• 41-301 Estatística sobre a Administración electrónica na Xunta de Galicia.

Organismo responsable:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o uso da Administración electrónica e a implantación das tecnoloxías no ámbito da Administración autonómica.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: Administración autonómica.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: responsable de informática.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 6.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en decembro de 2016.

• 41-302 Estatística da Administración electrónica nos concellos galegos.

Organismo responsable:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.3 Sociedade da información nas administracións.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o uso da administración electrónica e a implantación das diferentes tecnoloxías nos concellos.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: Administración local: concellos.

territorial: Galicia.

Persoa obrigada a subministrar información: responsable de informática.

Periodicidade:

regular: bienal.

Orzamento aproximado: 9.000 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os datos do ano 2015 difundiranse na internet en xullo de 2016.

• 41-501 Situación das TIC nos centros sanitarios.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.5 Sociedade da información no sistema sanitario.

Obxectivos concretos:

Coñecer a situación dos centros sanitarios no referente á implantación neles das novas tecnoloxías.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: sistema sanitario público de Galicia.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

O ano 2015 difundirase na internet en maio de 2016.

• 42-101 Situación da certificación en Galicia.

Organismo responsable:

Axencia Galega de Innovación. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.2.1 I+D+i nas empresas.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre as certificacións en materia de calidade que obtiveron as empresas de Galicia.

Estado: en curso.

Ámbitos de investigación:

poboacional: empresas certificadas por normas de calidade.

territorial: Galicia.

Periodicidade:

regular: anual.

Orzamento aproximado: 0 euros.

Forma e prazos de difusión:

Os anos 2013, 2014 e 2015 difundiranse na internet en setembro de 2016.

• 99-001 Sistema de indicadores do programa operativo Feder.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos. Consellería de Facenda.

Obxectivos informativos (metas de información):

Non procede (segundo o artigo 21.2 da Lei 8/2011).

Obxectivos concretos:

Elaborar indicadores para seguir o programa operativo Feder.

Estado: en proxecto.

Ámbitos de investigación previstos:

poboacional: variables definidas no programa operativo Feder.

territorial: Galicia.

ANEXO IV

Descrición das outras actividades estatísticas

• AE105 Contas económicas da agricultura. Utilización de medios de produción na explotación agraria.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.9 Características das explotacións agrarias.

3.9.1 Contas económicas.

Obxectivos concretos:

Estimar os principais valores dos medios de produción e dos consumos que se utilizan nas explotacións agrícolas e gandeiras para analizar a renda agraria.

Resultado final:

Estimación dos medios de produción dos anos 2012, 2013 e 2014 para realizar as contas económicas da agricultura.

• AE201 Galicia en cifras.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Recompilar e resumir a información estatística no ámbito da Comunidade Autónoma e difundila nunha epígrafe específica da web.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe Galicia en cifras e recollida a propósito para esta epígrafe.

• AE202 Banco de series de conxuntura.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información conxuntural actualizada para Galicia a través dunha aplicación web que permite consultar estas series en forma de táboas e gráficos.

Resultado final:

Actualización da información das series contidas na aplicación de visualización de series da páxina web do IGE.

• AE203 Atlas estatístico comarcal.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Sintetizar parte da información comarcal dispoñible na web do IGE en forma de mapas e gráficos.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na aplicación Atlas estatístico comarcal dispoñible na páxina web do IGE.

• AE204 Portal estatístico para o mundo educativo.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Facilitar a información estatística do IGE nuns formatos máis axeitados para o seu uso no ámbito educativo.

Resultado final:

Incorporación de novos contidos no portal educativo.

• AE205 Banco de datos territorial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Ofrecer a información estatística a través dunha aplicación web que facilite consultar os datos dispoñibles para un nivel xeográfico determinado –concello, comarca ou provincia– e permita realizar gráficos e mapas para facilitar a súa comprensión.

Resultado final:

Actualización da información estatística da páxina internet do IGE.

• AE211 Boletín de conxuntura.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Difundir unha selección das principais series mensuais ou trimestrais de indicadores clasificados en grupos temáticos: produción, demanda, mercado de traballo, prezos e custos salariais, comercio exterior, indicadores mercantís e financeiros e de economía internacional.

Resultado final:

Publicación na web das series dos últimos indicadores, taxas de variación dos indicadores e gráficos das taxas de variación comparando, en todos os casos, os datos galegos cos de España.

• AE218 Indicadores do mercado laboral.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Proporcionar unha plataforma na internet que facilite o acceso ao conxunto de datos relacionados co emprego que elabora o Observatorio Ocupacional do Instituto Galego das Cualificacións.

Resultado final:

Actualización da información (paro rexistrado, contratos e afiliacións) contida na aplicación de Indicadores do mercado laboral para a visualización da información a través da web.

• AE219 Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia.

Organismo responsable:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar á sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre o desenvolvemento da sociedade da información e a Administración electrónica en Galicia.

Resultado final:

Difusión do estado e grao de avance da sociedade da información na internet do Osimga www.osimga.org e a través do seu boletín informativo.

• AE301 Explotación do movemento natural da poboación.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos do movemento natural da poboación dos residentes na Comunidade Autónoma.

Resultado final:

Explotación e difusión dos resultados definitivos referidos ao ano 2014, provisionais 2015 e avance 2016.

• AE302 Explotación dos movementos migratorios.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos das variacións de residencia no ámbito da Comunidade Autónoma.

Resultado final:

Explotación e difusión dos resultados referidos ao ano 2015.

• AE304 Explotación das afiliacións á Seguridade Social.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos instrumentais:

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos das afiliacións á Seguridade Social.

Resultado final:

Explotación e difusión das afiliacións á Seguridade Social por conta de cotización.

• AE305 Explotación dos datos do comercio exterior e intracomunitario.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.1 Intercambios comerciais.

Obxectivos instrumentais:

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

e) Promover a normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do europeo.

Obxectivos concretos:

Difundir os datos de comercio exterior e intracomunitario no ámbito da Comunidade Autónoma.

Resultado final:

Explotación e difusión dos datos do comercio exterior do ano 2014 definitivos e dos anos 2015 e 2016 provisionais.

• AE307 Explotación do índice de produción industrial.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.5 Outras industrias manufactureiras.

Obxectivos instrumentais:

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

Obxectivos concretos:

Difundir os principais resultados do índice de produción industrial no ámbito da Comunidade Autónoma.

Resultado final:

Difusión dos índices mensuais de produción industrial do INE referidos a Galicia.

• AE308 Nomenclátor e explotación do padrón municipal de habitantes.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Difundir as cifras de poboación dos residentes nas diversas entidades territoriais de Galicia.

Resultado final:

Explotación estatística dos datos referentes ao ano 2015. Difusión do nomenclátor.

• AE309 Informe das variacións do índice de prezos de consumo.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.7 Nivel xeral de prezos.

Obxectivos concretos:

Analizar os resultados do IPC e realizar unha predición a curto prazo no ámbito da Comunidade Autónoma.

Resultado final:

Difusión dos índices mensuais de prezos ao consumo do INE referidos a Galicia.

• AE312 Estudo sobre salarios.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.5 Salarios.

Obxectivos concretos:

Facer un estudo coa información existente sobre salarios.

Resultado final:

Elaboración e difusión na internet dun panorama sobre os salarios.

• AE313 Seguimento e análise da construción.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.4.1 Edificación residencial e non residencial.

Obxectivos concretos:

Recompilar a información sobre o sector da construción das diferentes operacións estatísticas que permita caracterizar este ámbito.

Resultado final:

Recompilación e difusión da información estatística existente sobre o sector da construción. Elaboración dun informe trimestral, que se publica no último día do trimestre natural, onde se dá conta da situación do sector no trimestre anterior.

• AE314 Pensións e outras prestacións.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.3 Pensións e outras prestacións.

Obxectivos concretos:

Recompilar e difundir a información dispoñible de pensións e outras prestacións das diversas fontes.

Resultado final:

Recompilación e difusión da información estatística existente sobre pensións contributivas e non contributivas do último ano dispoñible (2015).

• AE315 EPA. Estudo sobre a relación coa actividade da poboación xuvenil.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.6 Poboación dependente e segmentos sociais con máis necesidades potenciais.

Obxectivos concretos:

Investigar a relación coa actividade laboral -ocupación e paro- da poboación xuvenil a partir dos datos da enquisa de poboación activa.

Resultado final:

Explotación e difusión das principais variables proporcionadas pola EPA para o colectivo de 16 a 29 anos, último trimestre do ano 2015 e tres primeiros trimestres do ano 2016.

• AE316 Comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.2.4 Comercio externo de produtos tecnolóxicos.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre as exportacións e importacións dos produtos tecnolóxicos.

Resultado final:

Explotación e difusión dos datos do comercio exterior de produtos de alta tecnoloxía referidos ao ano 2015 (provisionais).

• AE317 Explotación estatística da información tributaria.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.6.5 Ingresos tributarios e non tributarios.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información estatística procedente da Axencia Estatal de Administración Tributaria e dos tributos recadados e xestionados pola Comunidade Autónoma a nivel de concello.

Resultado final:

Elaboración e difusión da información referida ao ano 2014.

• AE321 Explotación da mostra continua de vidas laborais.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Explotación e difusión da mostra continua de vidas laborais da Seguridade Social.

Resultado final:

Actualización dos resultados proporcionados pola mostra continua das vidas laborais, referidos ao ano 2014. Análise e elaboración de novos resultados.

• AE324 Conxuntura hoteleira en Galicia: análise da demanda, ocupación e rendibilidade empresarial.

Organismo responsable:

Axencia Turismo de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.4 Movemento de viaxeiros. Ocupación en establecementos regulamentados e non regulamentados.

Obxectivos concretos:

Realizar unha análise detallada do comportamento e evolución do sector hoteleiro da comunidade, de acordo coas cifras da Enquisa de ocupación hoteleira que o INE facilita a Turismo de Galicia. Inclúense datos de oferta, demanda, ocupación e rendibilidade dos establecementos hoteleiros segundo a categoría, así como as cifras para os diferentes xeodestinos da comunidade, datos de demanda internacional desagregados por países de orixe.

Resultado final:

Difusión na internet da información mensual e anual.

• AE328 EPA. Estatística de fluxos da poboación activa.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Estimar as transicións brutas entre as situacións de ocupación, paro e inactividade dun trimestre a outro na Enquisa de poboación activa, en colaboración co INE.

Resultado final:

Difusión de táboas coa clasificación da poboación de 16 e máis anos segundo a relación coa actividade económica, nas cales se representa de onde proceden os ocupados, parados e inactivos de cada trimestre respecto da súa clasificación no trimestre precedente.

• AE329 EPA. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.1.1 Estática e dinámica da poboación.

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

2.5.5 Desprazamentos por razón de traballo e outros tipos de mobilidade.

Obxectivos concretos:

Investigar a relación entre a empregabilidade das persoas e a súa disposición a cambiar de residencia, a través do estudo conxunto das características laborais e o tempo que levan vivindo no municipio, en colaboración co INE.

Resultado final:

Difusión de táboas nas cales se cruzarán as principais características sociolaborais derivadas da EPA coas variables de mobilidade xeográfica derivadas do padrón.

• AE334 EEF. Características básicas dos fogares.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.7.3 Equipamento e características das vivendas.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as características das vivendas, as infraestruturas do seu contorno e o equipamento dos fogares.

Resultado final:

Explotación e difusión na internet, en maio de 2016, dos resultados referidos ás características das vivendas, as infraestruturas do seu contorno e o equipamento dos fogares no ano 2015.

• AE335 EEF. Mobilidade.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.5 Desprazamentos por razón de traballo e outros tipos de mobilidade.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as pautas de mobilidade da poboación galega.

Resultado final:

Explotación e difusión na internet, en setembro de 2016, dos resultados referidos ás pautas de mobilidade da poboación galega no ano 2015.

• AE336 Emprego na Seguridade Social e mutualidades.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Difundir a información das afiliacións nas distintas mutualidades: Seguridade Social, Instituto Social das Forzas Armadas (ISFAS), Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e Mutualidade Xeral Xudicial (Muxexu). A información publicarase por concello de residencia do traballador.

Resultado final:

Difusión na web nunha epígrafe específica dos postos de traballo segundo o concello de residencia do traballador, sexo e actividade económica.

• AE337 EPA. Variables de submostra.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.3.2 Ensino obrigatorio.

2.3.3 Ensino postobrigatorio non universitario.

2.3.5 Ensino universitario.

2.3.7 Outros tipos de formación, coa inclusión da realizada no seo das empresas.

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

2.4.6 Outras condicións laborais.

Obxectivos concretos:

Obter información adicional sobre a caracterización do mercado laboral en Galicia a partir da explotación das preguntas adicionais que se inclúen no cuestionario de 6ª entrevista da Enquisa de poboación activa (variables de submostra). Estas preguntas proporcionan información sobre catro bloques de variables: ensino e formación, condicións de traballo, experiencia profesional e busca de emprego e cambio de residencia no último ano.

Resultado final:

Elaboración e difusión de táboas nas cales se relacionan as principais variables do mercado laboral obtidas da EPA coas variables adicionais que se inclúen no cuestionario da 6ª entrevista.

• AE338 A sociedade da información no medio rural.

Organismo responsable:

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.1.6 Sociedade da información no medio rural.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información sobre a implantación e uso das tecnoloxías da información e a comunicación desde un punto de vista territorial, con especial foco nas áreas rurais.

Resultado final:

Elaboración e difusión de táboas e/ou mapas estatísticos que ofrezan os datos sobre a dispoñibilidade de equipamento e uso das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito rural, atendendo á variable grao de urbanización.

• AE339 Actividade industrial en Galicia 2014.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.4 Subsector industrial relacionado co sector primario.

3.3.5 Outras industrias manufactureiras.

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos instrumentais:

a) Responder ás demandas de información deseñando a actividade estatística consonte as necesidades, ofrecendo retornos de valor e reducindo as molestias aos informantes.

b) Divulgar axeitadamente, respectando os prazos ou as datas de publicación, a información estatística de carácter oficial que teña como referencia Galicia.

Obxectivos concretos:

Elaborar e difundir información sobre as principais variables de emprego e actividade na industria cunha desagregación sectorial coherente coa realidade económica de Galicia, tomando como base os microdatos da Enquisa anual de empresas (INE).

Resultado final:

Con 2014 como ano de referencia, publicaranse as táboas cunha desagregación que recolla polo menos as ramas de actividade de maior interese en Galicia (coas limitacións derivadas do deseño da mostra).

• AE340 Información estatística do sistema sanitario galego.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.1 Asistencia sanitaria.

3.6.7 Recursos e gasto na sanidade.

Obxectivos concretos:

Difundir información sobre a dotación e os indicadores de funcionamento dos establecementos sanitarios con réxime de internado a nivel de Galicia e provincias.

Resultado final:

Difusión na web na epígrafe específica de Sanidade da información sobre a dotación e os indicadores de funcionamento dos establecementos sanitarios con réxime de internado.

• AE401 Anuario de estatística agraria.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Recompilar e difundir a información estatística agraria máis salientable obtida nas actividades estatísticas realizadas ao longo do ano.

Resultado final:

Recompilación e difusión (na páxina web) da información estatística agraria referida aos anos 2012, 2013 e 2014.

• AE402 Anuario de pesca.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Recompilar e difundir as estatísticas socioeconómicas do sector pesqueiro.

Resultado final:

Recompilación e difusión da información estatística de pesca referida ao ano 2015.

• AE404 Datos estatísticos básicos de Galicia.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Recompilar a información estatística básica no ámbito da Comunidade Autónoma e difundila en forma de publicación en liña.

Resultado final:

Recompilación de información estatística xeral (varios sectores e ámbitos) e difusión en liña.

• AE406 Anuario de estatísticas sociolaborais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Recompilar a información estatística referida ás relacións laborais e difundila en forma de anuario.

Resultado final:

Recompilación e difusión da información estatística das relacións laborais, referida ao ano 2015.

• AE408 A realidade da muller galega.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

g) Contribuír ao desenvolvemento da sociedade da información, proporcionando a oferta estatística como un servizo electrónico.

Obxectivos concretos:

Representar a realidade das mulleres galegas con base en varias variables e comparar a súa situación coa dos homes.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe A realidade da muller galega e recollida a propósito para esta epígrafe.

• AE409 Galicia aberta: a emigración en cifras.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral da Emigración. Presidencia da Xunta.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e características sociodemográficas dos galegos no exterior e galegos retornados, a partir de diferentes fontes.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe web Galicia aberta: A emigración en cifras, 2015.

• AE410 A enerxía en Galicia.

Organismo responsable:

Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos instrumentais:

c) Sensibilizar a sociedade mediante servizos e actividades que potencien o coñecemento a través da estatística.

Obxectivos concretos:

Ofrecer na web do Inega información estatística do sector enerxético recompilada de diversas fontes e operacións do propio Inega como o balance enerxético, emisións de CO2.

Resultado final:

Recompilación e difusión de información estatística enerxética: consumo de enerxía, emisións de CO2 e prezos enerxéticos.

• AE411 Panorama rural e urbano.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

e) Promover a normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do europeo.

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Recompilar e difundir información estatística sociodemográfica, económica e sanitaria segundo o grao de urbanización.

Resultado final:

Actualización da información contida na epígrafe Panorama rural-urbano da páxina web do IGE.

• AE412 Emprego no sector turístico galego.

Organismo responsable:

Axencia Turismo de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.3 Infraestruturas turística e hostaleira.

Obxectivos concretos:

Cuantificar e coñecer as principais características dos traballadores nas ramas características do turismo.

Resultado final:

Publicación da información estatística referida ás afiliacións á Seguridade Social e á Enquisa de poboación activa en táboas e informes.

• AE413 Panorama dos sete grandes concellos.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Pór á disposición dos usuarios toda a información dispoñible sobre os sete grandes concellos de Galicia co máximo nivel de desagregación que permita a información.

Resultado final:

Difusión dunha epígrafe na internet coa información estatística dispoñible para as grandes cidades.

• AE601 Accesibilidade á vivenda.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.7.2 Demanda e acceso á vivenda.

Obxectivos concretos:

Obter un indicador que nos permita analizar a accesibilidade á compra dunha vivenda.

Resultado final:

Cálculo do grao de accesibilidade á vivenda (para a súa difusión no Banco de Series de Conxuntura) referido ao último trimestre do ano 2015 e tres primeiros trimestres do ano 2016.

• AE602 Asistencia xurídica gratuíta.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Xustiza. Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.5.11 Xustiza e seguridade.

Obxectivos concretos:

Informar sobre a poboación que, con ingresos inferiores ao dobre do salario mínimo, utiliza o Sistema legal de asistencia xurídica gratuíta, as súas necesidades de defensa xurídica e os tipos de conflitos que as afectan.

Resultado final:

Actualización da información estatística contida na epígrafe Asistencia xurídica gratuíta (web) referida ao ano 2015.

• AE603 Indicadores ambientais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.9 Recursos naturais e biodiversidade.

1.2.2 Calidade do aire.

1.2.4 Calidade e depuración de auga.

1.2.5 Residuos urbanos e industriais. Reciclaxe.

1.2.7 Hábitos e prácticas ambientais.

3.1.8 Produción ecolóxica e de calidade.

Obxectivos concretos:

Pór á disposición do público datos ambientais de Galicia baseados en indicadores para que sirva como instrumento de difusión e información da situación ambiental da nosa comunidade, dando así cumprimento ao indicado na Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, onde se indica que as autoridades públicas elaborarán e publicarán informes sobre o estado do ambiente e que deberán organizar e actualizar a información ambiental mediante as tecnoloxías da información e das telecomunicacións sempre que sexa posible.

Resultado final:

Elaboración e difusión dos indicadores ambientais coa información existente no ano 2015.

• AE604 Negociación colectiva.

Organismo responsable:

Consello Galego de Relacións Laborais. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.8 Concertación laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer as principais características –número, traballadores afectados...– dos convenios colectivos vixentes así como cuantificar os convenios colectivos negociados.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2015.

• AE605 Indicadores de contexto do Plan estratéxico.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información cuantitativa sobre o contorno socioeconómico para facilitar o seguimento e avaliación do Plan estratéxico.

Resultado final:

Elaboración e difusión nunha epígrafe específica dos Indicadores de contexto do Plan estratéxico coa información dispoñible.

• AE606 Explotación do Rexistro de Contratos Laborais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e tipoloxía dos contratos de traballo rexistrados no servizo público de emprego.

Resultado final:

Difusión na internet dos principais resultados do ano 2015.

• AE607 Informe do paro rexistrado.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.1 Caracterización do mercado laboral.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número e as características –idade, xénero, etc.– dos demandantes de emprego non ocupados e rexistrados nas oficinas do Servizo Público de Emprego.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados mensuais de decembro de 2015 a novembro de 2016.

• AE608 Indicadores estruturais da Unión Europea.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

e) Promover a normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do europeo.

Obxectivos concretos:

Elaborar para Galicia os indicadores que Eurostat define como estruturais, Europa 2020, emprego, política social, globalización e desenvolvemento sustentable.

Resultado final:

Elaboración e difusión dos indicadores que Eurostat define como estruturais, Europa 2020, emprego, política social, globalización e desenvolvemento sustentable referidos ao último ano dispoñible.

• AE609 Indicador da intensidade da demanda turística.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

h) Desenvolver a referenciación territorial da información estatística e avanzar na homoxeneización da desagregación territorial das actividades realizadas.

Obxectivos concretos:

Ofrecer un indicador para medir a demanda turística nas diferentes zonas de Galicia.

Resultado final:

Explotación e difusión dun indicador de demanda turística.

• AE610 Estatística de permisos de marisqueo a pé.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.4 Características das unidades de produción.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información dos permisos en vigor para a explotación desta actividade segundo tipos de permiso e zonas de produción.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2015: Permisos de marisqueo a pé.

• AE611 Enquisa trimestral de fabricación de pensos e consumo de materias primas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.4 Subsector industrial relacionado co sector primario.

Obxectivos concretos:

Proporcionar información relativa á produción de pensos por especie e consumo de materias primas e de aditivos e premesturas para pensos.

Resultado final:

Elaboración e difusión da enquisa trimestral de fabricación de pensos.

• AE612 Explotación do Rexistro de Montes Veciñais de Man Común.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.7 Montes veciñais e comunidades de montes.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información estatística dos montes veciñais en man común especificando superficie declarada, número de parcelas.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos aos anos 2013, 2014 e 2015.

• AE613 Producións forestais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.5 Estática e dinámica forestal. Superficies e repoboacións.

Obxectivos concretos:

Coñecer as cortas de madeira (m3) por especies e provincias na Comunidade Autónoma.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos aos anos 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015.

• AE614 Incendios forestais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.1.6 Incendios forestais.

Obxectivos concretos:

Coñecer o número de incendios forestais, a superficie e as especies arbóreas afectadas e a superficie queimada.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos aos anos 2013, 2014 e 2015.

• AE615 Calidade do aire.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.2 Calidade do aire.

Obxectivos concretos:

Coñecer o nivel de contaminantes na atmosfera.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2014: Informe anual de calidade do aire en Galicia.

• AE616 Climatoloxía.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Obxectivos informativos (metas de información):

1.2.1 Climatoloxía.

Obxectivos concretos:

Coñecer os datos climatolóxicos significativos de Galicia.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2015: Informe climatolóxico anual.

• AE617 Enfermidades de declaración obrigatoria.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.2.5 Morbilidade.

Obxectivos concretos:

Coñecer a incidencia das enfermidades de declaración obrigatoria en Galicia.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2015.

• AE620 Explotación do Rexistro de Avicultura.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.2 Efectivos gandeiros.

Obxectivos concretos:

Obter o número de efectivos avícolas por tipoloxías así como os datos das explotacións por actividades.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2015.

• AE621 Rendementos de cultivos.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.1.4 Producións e rendementos vexetais.

Obxectivos concretos:

Obter os rendementos e producións dos cultivos con maior incidencia na renda agraria galega.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos aos anos 2013, 2014 e 2015.

• AE622 Estatística de produción de acuicultura mariña.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.4 Características das unidades de produción.

Obxectivos concretos:

Obter os datos de produción dos establecementos de acuicultura mariña da Comunidade Autónoma.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2015.

• AE623 Explotación do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

Organismo responsable:

Axencia Turismo de Galicia. Presidencia da Xunta.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.5.3 Infraestruturas turística e hostaleira.

Obxectivos concretos:

Coñecer o mercado turístico de Galicia desde o lado da oferta –número e evolución dos establecementos turísticos por grupos e categorías–.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos aos anos 2014 e 2015.

• AE626 Indicadores de innovación.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

4.2.1 I+D+i nas empresas.

4.2.2 I+D+i nas administracións.

4.2.3 I+D+i na universidade.

Obxectivos concretos:

Ofrecer uns indicadores xerais sobre innovación en Galicia e, en concreto, nunha serie de sectores estratéxicos predefinidos.

Resultado final:

Elaboración e difusión, nunha epígrafe específica, de indicadores de innovación coa información dispoñible.

• AE627 Enquisa sobre a percepción da competencia en Galicia.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.7.8 Competitividade.

3.8.1 Estrutura e caracterización do sector empresarial.

Obxectivos concretos:

Avaliar a percepción no campo da competencia: interese da competencia de mercado, coñecemento das prácticas e condutas que limitan a competencia e o coñecemento relativo ás autoridades da competencia.

Resultado final:

Tabulación de resultados e remisión ao Consello Galego da Competencia.

• AE628 Estatística de bibliotecas públicas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Cultura. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.6.1 Equipamentos e recursos culturais.

Obxectivos concretos:

Ofrecer información do equipamento físico e humano dos diferentes tipos de bibliotecas.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos ao ano 2015.

• AE629 Conciliacións individuais e colectivas.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.8 Concertación laboral.

Obxectivos concretos:

Obter información das conciliacións individuais e colectivas segundo as súas características –motivación, resolución, etc.–.

Resultado final:

Difusión da información de 2015.

• AE630 Indicadores de contexto do Plan de desenvolvemento rural.

Organismos responsables:

Instituto Galego de Estatística.

Secretaría Xeral Técnica. Consellería do Medio Rural.

Obxectivos instrumentais:

a) Responder ás demandas de información deseñando a actividade estatística consonte as necesidades, ofrecendo retornos de valor e reducindo as molestias aos informantes.

e) Promover a normalización, homoxeneidade e posibilidade de comparación da información proporcionada polo sistema estatístico de Galicia respecto do estatal e do europeo.

Obxectivos concretos:

Elaborar os indicadores comúns de contexto de Galicia do Plan de desenvolvemento rural que permite avaliar a situación do sector agrario.

Resultado final:

Elaboración e difusión nunha epígrafe específica dos indicadores de contexto do PDR.

• AE631 Establecementos de acuicultura mariña.

Organismo responsable:

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica. Consellería do Mar.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.2.2 Establecementos de acuicultura.

Obxectivos concretos:

Difundir información sobre o número e a tipoloxía dos establecementos de acuicultura mariña situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos á situación en 31 de decembro de 2015.

• AE633 Balance enerxético.

Organismo responsable:

Instituto Enerxético de Galicia (Inega). Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

3.3.1 Produción, distribución e consumo de enerxía.

3.3.2 Enerxías renovable e non renovable.

Obxectivos concretos:

Coñecer e analizar a distribución da enerxía importada, xerada e consumida en Galicia, así como das distintas transformacións ata o seu consumo e a súa exportación.

Resultado final:

Difusión na internet dos resultados referidos aos anos 2013, 2014 e 2015.

• AE634 Folgas e peches patronais.

Organismo responsable:

Secretaría Xeral de Emprego. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Obxectivos informativos (metas de información):

2.4.10 Folgas e peches patronais.

Obxectivos concretos:

Obter información sobre as folgas e os peches patronais segundo as súas características, dos traballadores e xornadas non traballadas.

Resultado final:

O ano 2015 difundirase na internet en agosto de 2016.

• AE708 Investigación e desenvolvemento de métodos demográficos.

Organismo responsable:

Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos instrumentais:

d) Impulsar e realizar investigación estatística, tanto nos aspectos metodolóxicos e históricos como noutros ámbitos de interese para a Comunidade Autónoma que contribúan a mellorar o coñecemento da súa realidade demográfica, social, económica e ambiental.

Obxectivos concretos:

Desenvolver métodos e ferramentas informáticas para o estudo demográfico.

Resultado final:

Integración das funcións desenvolvidas no software R que permitan o cálculo de diferentes indicadores demográficos nun paquete.

ANEXO V

Outras actividades de interese estatístico

• AIE01 Perfeccionamento profesional do sistema estatístico de Galicia.

Oposicións á escala superior de estatística.

Obxectivos:

Organizativo b).

Outras actuacións formativas para o perfeccionamento profesional do sistema estatístico de Galicia.

Obxectivos:

Organizativo b).

• AIE02 Fomento da formación especializada en estatística.

Prácticas de alumnos das titulacións da Facultade de Matemáticas da USC.

Obxectivos:

Organizativo e).

Instrumental c).

AIE03 Accións que potencien o coñecemento a través da estatística.

Xornadas de portas abertas.

Obxectivos:

Instrumental c).

Asistencia do IGE á Feira Matemática (Agapema).

Obxectivos:

Instrumental c).

Curso sobre uso e interpretación de datos estatísticos.

Obxectivos:

Organizativo b).

Curso sobre recursos didácticos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística.

Obxectivos:

Instrumental c).

Prácticas de alumnos do máster en desenvolvemento económico e innovación.

Obxectivos:

Organizativo e).

Instrumental c).

Prácticas de alumnos do grao en Xeografía e Ordenación do Territorio da Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Obxectivos:

Organizativo e).

Instrumental c).

Explorando o lado estatístico da vida.

Obxectivos:

Instrumental c).

Curso de aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE: introdución ao software libre R.

Obxectivos:

Organizativo b).

• AIE04 Iniciación e fomento da I+D na estatística.

Prácticas de alumnos do máster interuniversitario en Técnicas Estatísticas.

Obxectivos:

Organizativo e).

Instrumental c).

Instrumental d).

• AIE05 Promoción da normalización metodolóxica na actividade estatística.

Base de datos sobre dimensións básicas estatísticas.

Obxectivos:

Instrumental f).

Instrumental h).

Tratamento do segredo estatístico e da calidade da difusión.

Obxectivos:

Instrumental b).

Instrumental h).

• AIE06 Biblioteca, catalogación e difusión de información estatística.

Xestión dos fondos da biblioteca do IGE.

Obxectivos:

Instrumental f).

Recompilación e difusión de resultados estatísticos sobre Galicia.

Obxectivos:

Instrumental g).

• AIE07 Inventario de Actividades Estatísticas.

Adecuación do inventario ao PGE 2017-2021.

Obxectivos:

Instrumental f).

• AIE08 Programación, seguimento e avaliación da actividade estatística.

Informe de seguimento do PEA 2015.

Obxectivos:

Organizativo a).

Redacción do anteproxecto de Lei do Plan galego de estatística 2017-2021.

Obxectivos:

Organizativo a).

Difusión na web dos proxectos técnicos das operacións en curso que se consoliden.

Obxectivos:

Organizativo a).

Instrumental e).

Instrumental g).

Estudo da conciliación entre o PEA e o plan de actuación anual previsto na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Obxectivos:

Organizativo a).

• AIE11 Relacións externas en materia de estatística.

Actualización do Observatorio Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.

Obxectivos:

Instrumental c).

• AIE13 Análise estatística de sectores produtivos e da estrutura económica en xeral.

Análise do sector do transporte e da loxística.

Obxectivos:

Informativo LAS 2).

• AIE15 Análise estatística da conxuntura económica.

Informe sobre os indicadores de actividade e de VEB do sector servizos.

Obxectivos:

Informativo LAS 3).

Informe sobre comercio exterior.

Obxectivos:

Informativo LAS 3).

Informe sobre a enquisa trimestral de custo laboral.

Obxectivos:

Informativo LAS 3).

Informe sobre o índice de comercio polo miúdo.

Obxectivos:

Informativo LAS 3).

Informe sobre afiliacións á Seguridade Social.

Obxectivos:

Informativo LAS 3).

Informe sobre o índice de produción industrial.

Obxectivos:

Informativo LAS 3).

• AIE18 Análise estatística da poboación e dos fogares.

Informe sobre as cifras de poboación.

Obxectivos:

Informativo LAS 1).

Emprego das persoas con discapacidade.

Obxectivos:

Organizativo d).

Instrumental a).

• AIE19 Apoio estatístico á redacción dos orzamentos xerais e outra normativa.

Elaboración do escenario macroeconómico.

Obxectivos:

Informativo LAS 2).

Informativo LAS 3).

Indicadores estatísticos de perspectiva de xénero nos orzamentos xerais.

Obxectivos:

Instrumental a).

ANEXO VI

Relación entre o programa estatístico anual 2016 e 2015

Operacións e outras actividades do PEA 2016 que non se incluían en 2015:

Código

Nome

Tipo

Estado

Observacións

AE329

EPA. Estatística de mobilidade laboral e xeográfica

Actividade

 

 

AE334

EEF. Características básicas dos fogares

Actividade

 

 

AE335

EEF. Mobilidade

Actividade

 

 

AE336

Emprego na Seguridade Social e mutualidades

Actividade

 

 

AE337

EPA. Variables de submostra

Actividade

 

 

AE338

A sociedade da información no medio rural

Actividade

 

 

AE339

Actividade industrial en Galicia 2014

Actividade

 

 

AE340

Información estatística do sistema sanitario galego

Actividade

 

 

AE631

Establecementos de acuicultura mariña

Actividade

 

 

AE708

Investigación e desenvolvemento de métodos demográficos

Actividade

 

 

21-301

Proxeccións de fogares

Operación

En curso

Alta por periodicidade

21-401

Proxeccións de poboación a curto prazo

Operación

En curso

Alta por periodicidade

23-601

Inserción laboral dos titulados de formación profesional

Operación

En curso

Alta por periodicidade

25-301

Pensións da Seguridade Social por concello de residencia do pensionista

Operación

En proxecto

 

25-1102

Estatística de execución de medidas xudiciais impostas a menores

Operación

En proxecto

 

31-901

Sector cunícola

Operación

En cumprimento

Alta por periodicidade

38-103

Enquisa sectorial ás empresas e ás institucións sen fins de lucro

Operación

En implantación

 

Operacións e outras actividades do PEA 2015 que non figuran no PEA 2016:

Código

Nome

Tipo

Estado

Observacións

AE220

Observatorio da Economía Galega

Actividade

 

 

AE326

EPA. Módulo sobre a situación dos inmigrantes e os seus fillos en relación co mundo laboral

Actividade

 

 

AE331

EEF. Ocio e hábitos culturais

Actividade

 

 

AE332

EEF. Capital social: benestar

Actividade

 

 

AE333

Explotacións agrarias

Actividade

 

 

31-904

Estatística do sector hortoflorícola

Operación

En implantación

 

35-502

Enquisa de servizos a empresas

Operación

En implantación

 

38-106

Índice de carga e simplificación administrativa para autónomos e empresas

Operación

En proxecto

 

38-202

Índice de conxuntura do investimento

Operación

En proxecto

 

39-201

Marco input-output

Operación

En curso

Baixa por periodicidade

39-403

Conta satélite da cultura

Operación

En curso

Baixa por periodicidade. Cambia o seu estado a «en curso»

Operacións e outras actividades do PEA 2015 que se modifican no PEA 2016:

Código

Nome

PEA 2015

PEA 2016

Tipo

Estado

Tipo

Estado

AE633

Balance enerxético

Operación

En reestruturación

Actividade

 

AE634

Folgas e peches patronais

Operación

En reestruturación

Actividade

 

11-102

Indicadores de seguimento das directrices de ordenación do territorio

Operación

En implantación

Operación

En curso

21-105

Táboas de mortalidade

Operación

En implantación

Operación

En curso

22-701

Mortalidade por reacción aguda ao consumo de drogas

Operación

En reestruturación

Operación

En cumprimento

23-201

Estatística do ensino non universitario en Galicia

Operación

En reestruturación

Operación

En curso

24-106

Afiliacións a Seguridade Social por concello de residencia do afiliado

Operación

En proxecto

Operación

En implantación

25-1101

Estatística de chamadas ao Centro de Atención ás Emerxencias 112

Operación

En implantación

Operación

En curso

31-905

Sistema de indicadores complementarios para o seguimento do Plan de desenvolvemento rural

Operación

En implantación

Operación

En curso

35-403

Enquisa de movemento aeroportuario de Galicia

Operación

En proxecto

Operación

En implantación

38-101

Explotación do directorio de empresas e unidades locais

Operación

En reestruturación

Operación

En curso

38-105

Estatística de multilocalización empresarial

Operación

En proxecto

Operación

En implantación

38-301

Cooperativas

Operación

En implantación

Operación

En curso

38-302

Sociedades laborais

Operación

En implantación

Operación

En curso