Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes de reclamacións.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puideron practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña. Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de decembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

José Ricardo Iglesias Rodríguez

IN635A 2014/205-1

Alegacións

A Coruña

José Pedre Rey

IN635A 2015/166-1

Resolución

Pontedeume

Quinfer, S.C.

IN635A 2015/227-1

Recurso de alzada

Ferrol

Mª Jesús Bellón Candal

IN635A 2015/262-1

Resolución

Arteixo

Claudio Javier Valverde Peña

IN635A 2015/264-1

Resolución

A Coruña

Ana Araujo González

IN635A 2015/361-1

Alegacións

A Coruña

Ricardo Penas Gómez

IN635A 2015/410-1

Resolución

Ames

Sugema, S.L.

IN635A 2015/417-1

Resolución

A Coruña