Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 296/2015).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 296/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 419/2014

Sobre: ordinario

Demandante: Patricia García Brea

Avogada: Paula Carpintero Gamallo

Demandado: Paorga, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 296/15 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia García Brea contra a empresa Paorga, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto en data 2 de decembro de 2015, cuxa parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Patricia García Brea, fronte a Paorga, S.L., parte executada, por importe de 9.078,83 euros en concepto de principal, máis outros 165,91 euros en concepto de xuros de mora de 1.192,09 euros, máis 200 euros en concepto de honorarios de letrado da parte demandante, máis 924,47 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta 5076 0000 64 0296 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0296 15”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a A secretaria xudicial»

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Patricia García Brea e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Notifíqueselles ás partes e a Paorga, S.L. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0296 15. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0296 15”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Paorga, S.L., expido o presente en Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015.

A secretaria xudicial