Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de carburantes para vehículos e do servizo de telepeaxe e pagamento en autoestradas e lavado en máquinas de autolavado para os vehículos dos parques móbiles centrais e sectoriais da Xunta de Galicia, mediante acordo marco celebrado cun único empresario e polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SUSE 03–PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23169

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración sucesiva, por prezos unitarios e a través de tarxetas con soporte magnético, de carburantes para vehículos e do servizo de telepeaxe e pagamento en autoestradas e lavado en máquinas de autolavado para os vehículos dos parques móbiles centrais e sectoriais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 09132100-4 Gasolina sen chumbo, 09134100-8 Gasóleo e 50112300-6 Servizos de lavado de automóbiles e similares.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: 7 de setembro de 2015, BOE: 26 de agosto de 2015 e DOUE: 12 de agosto de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 21.027.847,72 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 8.087.633,74 €.

Importe total: 9.786.036,83 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de outubro de 2015.

b) Data da formalización do contrato: 20 de novembro de 2015.

c) Contratista: Solred, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 8.087.633,74 €.

Importe total: 9.786.036,83 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza