Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de rehabilitación e acondicionamento da nave lateral do mosteiro de San Clodio para spa-viñoterapia en Leiro (Ourense), tramitado por procedemento aberto, non harmonizado e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, fáise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de setembro de 2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de rehabilitación e acondicionamento da nave lateral do mosteiro de San Clodio para spa-viñoterapia en Leiro (Ourense).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 994.767,91 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de decembro de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 11 de decembro de 2015.

c) Adxudicataria: S.A. de Obras y Servicios Copasa.

d) Importe de adxudicación: 770.000,00 €, IVE excluído (importe máximo de adxudicación).

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia