Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos da Coruña e Culleredo (expediente IN407A 2015/224-1).

Expediente: IN407A 2015/224-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT, CT e RBT r/ Burdeos, A Zapateira.

Concellos: A Coruña e Culleredo.

Feitos.

1. O 22.7.2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 186, do 29.9.2015 e no BOP núm. 178, do 17.9.2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

• Retensado tramo liña de media tensión aérea GRN-714/GRN-716, entre apoios nº 25 e nº 26, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,062 km, coa orixe en apoio nº 25 existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira, condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 (condutor existente) e final en apoio nº 26 proxectado a intercalar no dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira.

• Retensado tramo liña de media tensión aérea GRN-714/GRN-716, entre apoios nº 32 e nº 33, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,081 km, coa orixe en apoio nº 32 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira, condutor tipo Pigeon/99,22 mm2 (condutor existente) e final en apoio nº 33 existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716 ao seu paso pola Zapateira.

• Tramo liña de media tensión soterrada GRN-714, rúa Burdeos, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,469 km, con orixe en paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 26 a intercalar no dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716, ao seu paso pola Zapateira, no tramo entre a derivada ao CT Airtel Mesoiro (expediente 26.752) e a derviada ao CT Os Aguaceiros (expediente 16/00) que se vai substituír, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no paso de subterrráneo a aéreo que se vai realizar no apoio nº 32 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716, ao seu paso pola Zapateira, no tramo entre a derivada ao CT Os Aguaceiros (expediente 16/00) que se vai substituír e o CR avda. de Vilaboa, nº 2 (expediente 194/96), despois de realizar entrada e saída no novo CT Os Aguaceiros, proxectado.

• Tramo de liña de media tensión soterrada GRN-716, rúa Burdeos, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,993 km, coa orixe en paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 26 a intercalar no dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716, ao seu paso pola Zapateira, no tramo entre a derivada ao CT Escorial Aéreo (expediente 51472) e a derviada ao CT Doutor Ferro (expediente 29806) para retirar, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no paso de subterrráneo a aéreo para realizar no apoio nº 32 proxectado que substitúe o existente do dobre circuíto que forman as liñas GRN-714 e GRN-716, ao seu paso pola Zapateira, apoio onde se realiza a derivada aos CCTT Carrizo (expediente 50124) e a Urb. Palavea Zapateira (expediente 34083).

• Tramo liña de media tensión soterrada GRN-714, a novo CT Os Aguaceiros, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,031 km, con orixe en cela de liña a instalar no novo CT Os Aguaceiros proxectado, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS GRN-714, no tramo entre o CT Os Aguaceiros (expediente 16/00), a substituír e a derivada aos CCTT particulares residencia Rialta e residencia de estudantes.

• Novo centro de transformación prefabricado Os Aguaceiros, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

• Retirada do tramo de liña aérea entre os apoios nº 26 e nº 32 proxectados, sendo a longitud da LMTA en condutor tipo Pigeon que se vai retirar de 676×2 m.

• Desmontaxe dos tramos de liña aérea das derivadas que alimentan os CT Os Aguaceiros (expediente 16/00) e Doctor Ferro (expediente 29.806) en condutor LA-56.

• Retirada dos centros de transformación Os Aguaceiros (expediente 16/00) e Doctor Ferro (expediente 29.806).

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 420.166,78 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción a dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á que se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña