Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0381/2015-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-PO-0381/2015-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4ª andar, en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 15 de decembro de 2015

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0381/2015-PPM.

Persoa interesada: Daniel Figueroa Patiño.

NIF: 35477894A.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel Antonio, nº 8, 4º D, Vilagarcía de Arousa.