Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 28 de decembro de 2015 Páx. 48842

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (S-18/2015).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-18/2015.

2. Obxecto do contrato: subministración de enerxía eléctrica en media e baixa tensión do Concello da Coruña que fomente a obtención da electricidade procedente de enerxías renovables e de coxeración de alta eficiencia. Duración: un (1) ano prorrogable por outro máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 6.900.773,15 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 4 de xaneiro de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 30 de novembro de 2015

P.D. (Decreto 15.6.2015)
Mª Eugenia Vieito Blanco
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración