O día 14.12.2015 o presidente de Portos de Galicia, con base no artigo 88.2 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite da modificación da concesión administrativa transmitida ao Club Náutico Isla de La Toja por resolución do día 1.6.2015 con destino á construción e explotación de instalacións para a náutica recreativa no porto da Toxa, segundo a documentación presentada pola empresa concesionaria Club Náutico Isla de La Toja.
En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com .
Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015
José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia