Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 30 de decembro de 2015 Páx. 52322

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016.

Os artigos 21.1 e 22 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), establece o apoio á primeira forestación de terras non agrícolas. As súas disposicións de aplicación desenvólvense nos Regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión de 17 de xullo de 2014.

Como resposta ás disposicións do citado Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, a Xunta de Galicia elaborou o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para a etapa 2014-2020, na que se inclúe a medida 8.1. Establecemento e mantemento de superficies forestais, co fin de fomentar o incremento das masas forestais como sumidoiro de carbono, e contribuir deste xeito á loita contra o cambio climático.

O Real decreto 1077/2014, de 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación de dito sistema e a súa utilización como instrumento de xestión, no marco do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda relacionados coa superficie da política agrícola común.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de Autonomía ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

Estas axudas están recollidas no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

A Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015 aproba o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020 aos efectos da concesión de axudas do Fondo Europeo Agrícolas de Desenvolvemento rural.

A Consellería do Medio Rural, segundo o establecido no Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural , é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes:

a) Fomentar a forestación en terreos non agrícolas.

b) A diminución das masas forestais monoespecificas favorecendo o aumento da diversidade.

c) O aumento da superficie forestal arborada.

d) A diminución do risco de incendios forestais mediante a valorización dos terreos forestais.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento teñen por obxecto a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión correspóndelles á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia establece o ámbito normativo dos montes ou terreos forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, constitúe a norma básica de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, os artigos 12 núm. 1.e), 15 núms. 2 ao 8 e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais, e a Orde do 31 de xullo de 2007 establece os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto das axudas e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2016 en réxime de concorrencia competitiva.

2. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da administración central ou autonómica.

b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

No caso de montes propiedade do Estado o da Comunidade Autónoma de Galicia a axuda poderá ser concedida se o órgano que xestiona esas terras é un organismo privado ou un concello. Nese caso unicamente se ofrecerá a axuda para os custos de establecemento.

3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1 e 22 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se deroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e no establecido para as axudas á reforestación e creación de superficies forestais no Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (DOUE 01.07.2014, L193).

4. Estas axudas se tramitarán ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014_2020 aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.

Artigo 2.- Liñas de axuda

1. As axudas obxecto de subvención son as seguintes:

Primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I. Unicamente inclúese a subvención de especies do anexo II ás superficies que, conforme cos apartados c, d, e e g do anexo 2 da Lei 7/2012, de 28 de xuño de montes de Galicia, quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias.

Artigo 3. Tipos de superficies obxecto de axuda

1. Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac) como:

– Forestal (FO)

– Pasto con arboredo (PA)

– Pasto arbustivo (PR)

2. Nos terreos nos que existise tradicionalmente arboredo ou que teñan fracción de cabida cuberta superior ao 20 %, non se poderán obter estas axudas.

3. En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.

4. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.

5. As zonas a forestar, xa sexan terras agrícolas abandonadas, terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arborado cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20 %, deberán estar identificadas nalgún dos tres grupos do Sixpac indicados no apartado 3.1 e en todo caso deberá cumprirse o establecido na Lei 7/2012, 28 de xuño, de montes de Galicia e a normativa de desenvolvemento, especialmente no referente a contar cun instrumento de ordenación ou xestión forestal ou instrumento equivalente conforme ao artigo 77 e 8.18 da citada Lei e no prazo que establece a disposición transitoria sexta da lei 7/2012.

Os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación ou plan de xestión no que se considere a realización dos traballos solicitados ó abeiro da presente orde, ou presentar xunto coa solicitude de axuda unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo ao establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014 e segundo a Orde de 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

6. Non se poderá obter axuda sobre hábitats prioritarios.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC).

2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto a propietarios como arrendatarios ou xestores. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Para poder acceder a estas subvencións, as CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, con xunta rectora ou equivalente actualizada, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

5. Non poderán ser beneficiarios aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do art. 2, apartado 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014. Conforme a este Regulamento, unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b)Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida no punto c).

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria, comprobándose a veracidade desta declaración nos controis sobre o terreo que se realicen.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 5. Intensidade da axuda

A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico, establecidos exclusivamente sobre os custos de implantación.

Artigo 6. Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables

As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:

1. Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.

2. Infraestruturas de acompañamento ou obras complementarias das novas forestacións.

O IVE non é subvencionable salvo que non sexa recuperable conforme á lexislación nacional sobre o IVE.

1. Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais:

Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, protección da planta mediante protectores, os titores, e outros materiais necesarios, así como os de plantación propiamente dita, área de defensa contra incendios forestais e labores inmediatamente posteriores a ela.

O valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os custos de referencia recollidos no anexo III, é o seguinte:

• Especies do anexo I (coníferas): 1.853,00.

• Especies do anexo II (frondosas): 2.398,00.

Este valor máximo de investimento por hectárea de actuación incluirá outras axudas compatibles de inversións para incremento da capacidade de adaptación e valor medioambiental dos ecosistemas forestais ou de prevención e reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturales e catástrofes concedidas na mesma superficie nos últimos 5 anos.

2. Infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde. Estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:

– Deberanse localizar dentro ou estremeira coa área obxecto de forestación.

– O valor máximo do investimento en euros por quilómetro de actuación que se calculará aplicando os custos de referencia recollidos no anexo III, é o seguinte:

• 255,00€ por cartel (máximo subvencionable un cartel por solicitude).

• 7.580,00€ por km de peche perimetral.

• 2.956,07€ por km de arranxo de pista forestal.

– A repercusión máxima por ha de actuación será a seguinte:

Euros por ha de actuación

Peche

280,00

Arranxo pistas forestais

120,00

– Peche perimetral: No caso de pro-indivisos, as comunidades de bens, as cooperativas agrícolas, comunidades de montes veciñais en man común, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios legalmente constituídas poderase subvencionar ademais o peche da plantación realizada, sempre e cando, a superficie de actuación sexa de polo menos 9 hectáreas, e se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética, ...).

Artigo 7. Condicións técnicas

As plantacións deberan axustarse ás seguintes condicións técnicas:

1. As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:

a) Anexo I (coníferas): a densidade de plantación será de 1100 plantas/ha. Nas zonas protectoras de montaña, situadas nas cabeceiras das bacías hidrográficas esta densidade aumentarase a 1600 plantas/ha.

b) Anexo II (frondosas): a densidade de plantación será de 625 plantas/ha.

2. Especies a utilizar:

Poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies comprendidas no anexo I desta orde. Nas superficies que conforme cos apartados c, d, e e g do anexo II da Lei 7/2012, de 28 de xuño de Montes de Galicia queden reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias se plantarán coas especies sinaladas no anexo II desta orde.

A nivel de parcela, só admitiranse plantacións mixtas entre especies do mesmo anexo ata un máximo de tres especies diferentes.

3. Características da planta:

a) A planta empregada deberá cumprir co establecido na normativa vixente no referido a requisitos sanitarios, de procedencia e calidade exterior, no xeito en que sexan esixibles pola autoridade competente as especificacións recollidas no Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución e supletoriamente, polo Real decreto 289/2003 e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro así como polo Real decreto 58/2005, de 21 de xaneiro.

b) De empregarse planta de frondosa en contedor, a planta deberá ser dun ou dous zumes e, o tamaño mínimo do contedor de 300cc; no caso de Betula sp o contedor será de 200cc.

c) De empregarse planta de frondosa a raíz núa, a planta deberá ser de dous ou máis zumes, preferentemente repicada, excepto no caso de clons híbridos.

d) A excepción do Pinus sylvestris e da Pseudotsuga menziesii, a planta que se empregue deberá garantir que a orixe e/ou a procedencia sexan galegas.

e) A produción e a comercialización do material forestal de reprodución poderá proceder de calquera persoa provedora da Unión Europea, salvo que por motivos de sanidade vexetal a Consellería do Medio Rural estableza medidas preventivas.

4. A lonxitude máxima subvencionable de arranxo de pista forestal, que se deberá realizar dentro da superficie obxecto de actuación, será de 40 metros lineais por hectárea de actuación, excepto no caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies de actuación inferior a 10 hectáreas que non se poderán subvencionar.

Asemade nas áreas de montaña e outras que puideran afectar a espazos protexidos non se poderá superar a densidade de 20ml/h.

5. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo IV.

6. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo VI, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior as 10 hectáreas que non é necesaria a colocación do cartel.

7. No caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies comprendidas entre 3 e 10 hectáreas, non será necesaria a realización de áreas de defensa contra incendios forestais, agás que no correspondente plan de prevención e defensa contra incendios forestais o estableza.

8. A planificación da plantación deberá axustarse ás novas distancias que exixe a Lei 7/2012, de 28 de xuño de Montes de Galicia e que se concretan no artigo 68 e anexo II da lei.

9. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberase cumprir, en todo caso, o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, os artigos 12 núm. 1.e), 15 núms. 2 ao 8 e 17 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais e na Orde de 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

10. Poderanse tramitar peticións de axuda co obxecto de realizar traballos en montes que teñan subscrito un convenio coa Xunta de Galicia logo de informe favorable do Servizo Provincial de Montes correspondente. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada. salvo se fora solicitada a rescisión do consorcio antes da publicación desta orden.

11. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas axudas.

12. As mouteiras de rexenerado existentes nas superficies obxecto de actuación quedarán excluídas e deberanse manter, en todo caso, non interrompendo a continuidade do couto redondo da solicitude.

13. No caso de existir valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 8. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. O proxecto das actuacións que se presente deberá incluír un plan de infraestruturas de defensa da forestación que se vai efectuar, ou xustificación técnica motivada de que non é necesario, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior ás 10 hectáreas.

2. O proxecto das actuacións ten que incluír como cartografía planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:5.000, ou no seu defecto escala 1:10.000. No caso de comunidades de montes veciñais en mano común, deberase presentar a maiores planos a escala 1:25.000. En caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie coa que participa cada membro da agrupación e, en calquera caso, ficha Sixpac.

3. O proxecto das actuacións que se presente deberá incluír un apartado onde se definan as labores mínimas de mantemento e o seu orzamento a realizar nos primeiros dez (10) anos.

4. Farase constar no proxecto das actuacións se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago. Solicitaráselle de forma interna informe á autoridade competente en Patrimonio Cultural, a aprobación da axuda será condicionada ao contido do informe da autoridade competente nesa materia e os traballos non poderán comezar ata o seu pronunciamento e deberán ser levados a cabo nas condicións que determine. O prazo de execución dos traballos que se estableza na resolución terán en conta este aspecto.

5. Farase constar no proxecto das actuacións se na superficie de actuación existen zonas afectadas pola normativa de Patrimonio Cultural, especialmente no regulado no Decreto 232/2008, do 2 de outubro. Solicitaráselle de forma interna informe á autoridade competente en Patrimonio Cultural, a aprobación da axuda será condicionada ao contido do informe da autoridade competente nesa materia e os traballos non poderán comezar ata o seu pronunciamento e deberán ser levados a cabo nas condicións que determine. O prazo de execución dos traballos que se estableza na resolución terán en conta este aspecto.

6. Farase constar no proxecto das actuacións se a superficie de actuación atópase dentro da Rede Natura 2000. Para garantir que as repoboacións toman adecuadamente en consideración os obxectivos de conservación destes lugares, e de conformidade coas Directivas 94/43/CEE e 2009/147/CE, solicitaráselle de forma interna, informe á autoridade competente en Conservación da natureza , a aprobación da axuda será condicionada ao contido do informe da autoridade competente nesa materia e os traballos non poderán comezar ata o seu pronunciamento e deberán ser levados a cabo nas condicións que determine. O prazo de execución dos traballos que se estableza na resolución terán en conta este aspecto.

No caso de que dito informe sexa desfavorable non se poderá optar á axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e co informe favorable do departamento competente en materia de conservación da natureza.

7. O proxecto das actuacións deberá conter como mínimo, o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos, ...

b) Descrición das actuacións que se vaian levar a cabo.

– Especies que se van empregar, densidade final, quenda da especie, ....

– Cartografía: planos sobre mapas oficiais e, en calquera caso, ficha Sixpac.

– Todas as consideracións técnicas descritas nesta orde.

c) Fichas Sixpac e desagregación dos traballos por parcelas e recintos Sixpac por especies segundo as claves dos anexos I, II e III.

d) Orzamento.

e) Ficheiro DXF coa planimetría que deberá estar xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, no datum ETRS89, en ficheiro DXF ou similar (nun CD), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000 e, preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF ou similar estruturarase da seguinte maneira:

Elemento do plano

Nivel ou capa

Color

Observacións

Contorno da mouteira (especie anexo I)

1

Vermella

Contorno da mouteira (especie anexo II)

2

Morada

Código de mouteira

4

Negra

Corresponde cos códigos da portada

Pistas arranxadas

7

Azul clara

Devasas existentes

8

Verde

Áreas de defensa contra incendios forestais

9

Verde escura

Código de propietario

12

Negra

Anexo X desta orde

Ademáis dos planos mencionados, a información que fai referencia ás actuacións previstas terá que ser aportada en soporte dixital en formato vectorial. Os arquivos estarán xeoreferenciados sobre o datum ETRS89 en coordenadas UTM sobre o fuso 29N e en formato shape (shp). Tendo que aparecer na correspondente táboa de atributos os datos de tipo e superficie de actuación de cada recinto.

O proxecto deberá ser adaptado por mor dunha modificación das condicións da axuda resultado das comprobacións da inspección previa ou doutros informes técnicos que o esixan.

9. Non se poderán conceder axudas sobre hábitats prioritarios.

10. Deberán respectarse as restricións que a autoridade competente en materia de augas estableza nas zonas próximas ás de Dominio Público Hidráulico.

Artigo 9. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas:

1. Superficie mínima:

a) Para montes veciñais en man común, con superficie clasificada menor o igual a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 5 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Para montes veciñais en man común, con superficie clasificada superior a 50 hectáreas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 10 hectáreas en couto redondo, excepto se o monte atópase na Rede Natura, no cuxo caso será de 5 hectáreas. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

c) Para Sofor, cooperativas agrícolas, pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 12,5 hectáreas en couto redondo, excepto se os terreos atopáranse total ou parcialmente na Rede Natura, no cuxo caso será de 5 hectáreas. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

d) Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 3 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Superficie máxima:

a) A superficie máxima de actuación pola que se poderá solicitar axuda en superficies que se encontren dentro da Rede Natura 2000 será de 6 hectáreas independentemente do tipo de propietario.

b) Para montes veciñais en man común, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 40 hectáreas, admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

c) Para Sofor, cooperativas agrícolas, pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 40 hectáreas, admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima definida. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

d) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun só couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Excluiranse da superficie de actuación os enclavados de extensión igual ou superior a 100 m2, liñas eléctricas, pistas, estradas, devasas...

Artigo 10. Compromisos

Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

1. Compromisos de mantemento e conservación:

a) O titular comprométese a manter a forestación conforme ás condicións de comprobación e a conservar a masa creada durante a quenda da especie, ou ao menos 20 anos, e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberanse manter operativas as súas infraestruturas de acompañamento e área de defensa da masa.

b) No caso de sociedades e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, comunidades de bens, os pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros comprométense a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será esixible a cada propietario membro da agrupación. Todos os membros integrantes comprométense a levar unha xestión conxunta da forestación durante a quenda da especie.

2. Se as superficies forestadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, o novo titular deberá cumprir as condicións esixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

3. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen á forestación, logo da autorización do Servizo de Montes da provincia correspondente e cando estén dados de alta no rexistro correspondente.

4. Se, unha vez efectuada a solicitude e antes da forestación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o beneficiario deberallo comunicar inmediatamente, por escrito, ao Servizo de Montes co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

5. No caso de abandono ou destrución da plantación por calquera causa, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.

6. O beneficiario comprométese en todo momento a lle facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería do Medio Rural nas materias relacionadas con esta orde.

7. Nos montes conveniados que formen parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable, que forma parte do dito Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia.

8. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e, poderase solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o dito requisito.

9. No caso de montes incluídos nalgún sistema de certificación forestal o beneficiario da axuda comprométese a facilitar os datos relevantes sobre seguridade e saúde dos traballadores e dos accidentes laborais.

Artigo 11. Prioridades

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria segundo o tipo de beneficiario:

a) Propietarios particulares de xeito individual: 10 %.

b) Sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (SA, SL, ...): 45  %.

c) CMVMC con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas: 20 %.

d) CMVMC con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas: 25 %.

2. Dentro de cada unha das alíneas anteriores establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación.

a) Por especie:

1. Por hectárea forestada con especies do anexo I: 10 puntos.

2. Por hectárea forestada con especies del anexo II (sinaladas con *): 10 puntos.

2.1 Sofor: 20 puntos

2.2 Particulares de xeito individual, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, proindivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (SA, SL, ...): 15 puntos.

2.3 Comunidades veciñais en man común: 10 puntos.

a) Para os montes veciñais en man común que tiveran investido en melloras do monte aplicarase a puntuación maior dos tres apartados seguintes:

1. Investimentos de máis dun 40 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 10 puntos.

2. Investimentos de un 50 % a un 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 20 puntos.

3. Investimentos de máis dun 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 30 puntos.

b) No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda: 10 puntos.

c) Por cada membro, da sociedade ou agrupación de propietarios particulares, da cooperativa agrícola, do pro-indiviso (copropietarios), os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 1 punto (ata un máximo de 10 puntos).

d) Unha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

e) Sociedade de fomento forestal rexistrada 50 puntos.

f) Monte con instrumento de xestión rexistrado: 10 puntos (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes).

g) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos. A data que se terá en conta á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes.

h) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

i) Monte veciñal en man común sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

j) Zonas desfavorecidas (ver anexo V): 10 puntos

3. No caso de empate no que o tipo de beneficiario sexa propietario particular de xeito individual primarase o que as fincas para as que solicitou a axuda estean dadas de alta no rexistro da propiedade.

4. No caso de empate no tipo de beneficiario de Sofor, sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, cooperativas agrícolas, pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo,comunidades de bens, entidades locais ou outras persoas xurídicas (SA, SL, ...), priorizarase segundo os seguintes criterios:

a) Solicitudes que sumen un maior número de propietarios.

b) No caso de seguir empatados, por maior superficie de actuación.

5. No caso de empate en CMVMC priorizarase segundo os seguintes criterios:

a) % de reinvestimento nas melloras do monte no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda.

b) % do límite do monte deslindado

6. No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se consuma a totalidade do importe especificado nos distintos puntos da distribución do crédito detallado no apartado 1, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 12. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de indentidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A documentación complementaria poderase presentar por vía electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

No caso de entidades locais a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de indentidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Neste modelo formalizado de solicitude, inclúese unha declaración, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, no que o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que todos os datos reflectidos na solicitude/declaración son certos, sen prexuízo da presentación da xustificación acreditativa dos requisitos que nela se reflicten, con anterioridade á proposta de resolución da concesión.

Entre outros datos, esta declaración inclúe:

a) Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común, a declaración responsable de ser titular dos terreos por propiedade ou por contrato de arrendamento ou xestión.

b) Se a superficie de actuación atópase dentro da Rede Natura 2000.

3. O solicitante fará constar na solicitude se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago, se está afectada pola normativa de Patrimonio Cultural de Galicia, conforme ao Decreto 232/2008, do 2 de outubro e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal.

Nestes casos, solicitarase de forma interna informe ao órgano competente por razón da materia e a aprobación da axuda será condicionada ao contido do informe da autoridade competente nesa materia, os traballos non poderán comezar ata o seu pronunciamento e deberán ser levados a cabo nas condicións que determine. O prazo de execución dos traballos que se estableza na resolución terán en conta este aspecto.

En caso de que dito informe sexa desfavorable non se poderá optar á axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e co informe favorable do departamento competente na materia.

4. Deberán presentar a solicitude correctamente completada, conforme ao anexo IX. A solicitude terá a consideración de declaración responsable. Os datos da solicitude que se citan de seguido:

– Datos da persoa solicitante

– Datos do tipo de solicitante

– Outros datos

– Datos do investimento

– Datos Sixpac,

son esenciais para a súa priorización, polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar a inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que tivera lugar.

Os datos que non veñan recollidos na solicitude non se terán en conta na priorización.

A persoa que asina a solicitude deberá declarar o seu nº de teléfono de contacto.

5. Toda a información está dispoñible na Guía de Procedementos e Servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos.

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV), dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

Artigo 13. Prazos

1. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

2. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se atopen nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase empregar un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

3. Os traballos obxecto da subvención non poderán iniciarse antes da solicitude da axuda. No caso que se decida non esperar a aprobación definitiva do expediente, o solicitante deberá comunicar ao servizo de montes da provincia correspondente o inicio dos traballos cun mes de antelación. Neste período realizarase a inspección previa.

Artigo 14. Documentación

1. Documentación a presentar xunto coa solicitude:

a) Documentación xeral:

a.1) Fotocopia do DNI do solicitante, no caso de ser unha persoa física, ou dos membros que constitúen os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío ou fabeo ou comunidades de bens, só no caso de que non se autorice expresamente a súa consulta, a través de medios electrónicos, por parte do órgano competente da administración.

a.2) Fotocopia do NIF das entidades solicitantes só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, a través de medios electrónicos, por parte do órgano competente da administración.

a.3) Declaración baixo a súa responsabilidade da clasificación urbanística dos terreos obxecto da solicitude da axuda.

a.4) Declaración baixo a súa responsabilidade de que o IVE non é recuperable conforme á lexislación nacional.

b) Documentación específica:

b.1) Para agrupacións formalmente constituídas en trámites de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo X, acordo de cesión, e Documento constitutivo da agrupación.

b.2) Para pro-indiviso, de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, cooperativas agrarias e comunidade de bens presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo XI, “acordo de compromisos e obrigas”.

2. Documentación a presentar a requirimento da administración, de acordo co establecido no artigo 15.4 desta orde:

• Documentación xeral:

a) Documentación acreditativa dos méritos reflectidos na declaración responsable.

b) As comunidades de montes veciñais en man común, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, pro indivisos, de varas, abertais, de voces, vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar o proxecto cunha, copia en formato informático (pdf ou similar) asinados por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal ou equivalente, así como o nomeamento do director de obra.

c) Documento descriptivo das actuacións, ou anexo XIII, no caso de propietarios particulares que de xeito individual soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas.

d) Unha copia compulsada do documento que acredite a propiedade dos terreos e no caso de titulares non propietarios do terreo, copia compulsada do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, alomenos, ao período de compromiso da axuda. Quedan excluídas deste requisito as Comunidades de Montes Vecinais e Man Común.

• Documentación para Comunidades de Montes Veciñais en Man Común:

a) Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan ao presidente da comunidade a pedir axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

b) Certificado de ingresos e reinvestimento en melloras no monte veciñal en man común (anexo XII).

• Documentación complementaria:

a) Para agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas: NIF e documento acreditativo de constitución desta onde conste as persoas que forman parte da dita sociedade ou agrupación.

A agrupación deberá estar de alta en el Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia á data do remate do prazo concedido no requirimento para a achega da documentación acreditativa dos méritos.

b) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.

c) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.

d) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda.

e) No caso dos pro-indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens deberán presentar a xustificación acreditativa da representación na persoa designada na solicitude mediante constancia fidedigna en documento público ou comparecencia persoal ante un funcionario desta administración pública.

f) Para todos: Declaración responsable na que relacionen as parcelas Sixpac, a súa clasificación catastral e a urbanística para a superficie para a cal solicitan a axuda.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedementos administrativo común.

Artigo 15. Tramitación

1. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2 A solicitude presentada enviarase, revisarase e codificarase nos servizos de montes provinciais. As solicitudes que non tiveran enchido os campos obrigatorios establecidos no artigo 12.4 desta orde, non serán admitidas a trámite.

3. Os Servizos Provinciais de Montes examinarán as solicitudes presentadas e emitirán un informe no que se recollan todas as solicitudes que se axustan ás condicións requiridas nesta orde así como as que non se axustan indicando claramente a súa causa de incumprimento, e elevarano á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano instrutor, clasificaraas por orde decrecente segundo os criterios de prioridade establecidos no artigo 11 desta orde e emitirá un informe no que se reflicte a relación de solicitudes admitidas e clasificadas na orde de maior a menor para cada unha dos tipos de beneficiairo do artigo 11.1, especificando para cales existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, así como, as solicitudes que non poden admitirse a trámite por non ter recollido os datos mínimos que se exixen no artigo 12.4 desta orde.

4. De seguido, a Administración requirirá aos solicitantes para que os que existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles acheguen:

a) A documentación acreditativa dos datos reflectidos na solicitude.

b) O proxecto xunto cunha copia en formato informático (pdf ou similar) asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal ou equivalente das actuacións que se levarán a cabo e o nomeamento dun director de obra. No caso dos propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, será suficiente con presentar cumprimentado o anexo XIII.

c) E, no caso de que a súa solicitude conteña defectos ou omisións, os subsanen, conforme se establece no artigo 72 da Lei 30/1992 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Neste requirimento, indicarase ademais de que si non se fixera terase por desistido da súa petición, previa notificación nos termos que se recollen no artigo 42 da citada Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e, producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Consellería do Medio Rural ao cal se achegará o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

5. Os Servizos Provinciais de Montes analizarán a documentación xustificativa. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración responsable e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta a terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

De selo caso que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

De selo caso que no proxecto a superficie total das parcelas sobre as que se solicita a axuda non coincida coa superficie total indicada na solicitude, considerarase como unha discrepancia e a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

6 A Subdirección Xeral de Recursos Forestais emitirá un informe onde se reflicten os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubriran a dispoñibilidade orzamentaria, os solicitantes que presentaron correctamente a documentación acreditativa a que se refire o artigo 14 desta orde, así como as incidencias que deran lugar ao decaemento en trámite de algunha solicitude e, elevará a súa proposta ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal para que continúe o procedemento para a súa aprobación e execución das actuacións.

Na aplicación do presente procedemento, requirirase a documentación xustificativa aos seguintes solicitantes que, de acordo coa clasificación a que se refire o artigo 15.3 desta orde, completen de novo a dispoñibilidade orzamentaria, procedendo seguidamente do mesmo xeito que se establece desde o artigo 15.4 desta orde, sempre que sexa no exercicio contable da 1ª anualidade.

7. O subdirector xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elevaraa ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal en base ás funcións delegadas pola Conselleira do Medio Rural.

O Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

No caso de non recaer resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da mesma Lei.

9. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59.6. b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, e na páxina web da Consellería do Medio Rural. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

10. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 16. Inspeccións previas

1. Dous funcionarios da Consellería do Medio Rural realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de aprobación.

Unha diferenza superior ao 10 %, en superficie e/ou investimento, entre os datos aportados coa solicitude e as comprobacións que resulten na inspección de campo implicará a denegación da axuda ou a revogación no caso de que xa estivera concedida. Os resultados das comprobacións feitas nas inspeccións previas serán comunicadas aos beneficiarios das axudas.

Artigo 17. Execución e certificación dos traballos

1. Na resolución de concesión, indicarase o prazo para a devandita execución dos traballos que, con carácter xeral, non será inferior a 2 meses. A data límite de xustificación da subvención será o 15 de decembro de 2016.

2. O beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores e achegalas antes do remate do prazo de execución. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

3. Para os efectos do disposto no artigo 29 punto 2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, dado que existen custos de referencia para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poda ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do periodo de xustificación.

4. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada, conforme ao previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.

O beneficiario poderá subcontratar con terceiros o 100 % do importe do investimento da actividade subvencionada.

Os contratistas quedarán obrigados só fronte ao beneficiario que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade fronte á Consellería de Medio Rural.

5. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación esixible para obter a axuda.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 10 % o importe da comprobación final realizada polos dous funcionarios da Consellería do Medio Rural, reducirase a maiores a axuda a percibir resultante da comprobación final na diferenza entre ámbolos dous importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe xustificado.

7. Poderán admitirse certificacións parciais, por petición por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 €.

8. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación ao remate do prazo para a execución dos traballos. Os servizos provinciais de Montes propoñeranas ao subdirector xeral de Recursos Forestais, quen elevará a proposta á ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal para a súa aprobación en base ás funcións delegadas pola Conselleira do Medio Rural para resolver. A duración máxima das prórrogas serán de 6 meses, sen que poidan exceder do prazo máximo que establece o artigo 45 do Decreto 11/2009.

Artigo 18. Xustificación dos traballos subvencionables

1. A data límite de xustificación dos traballos será o 15 de decembro de 2016.

2. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes extremos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso de solicitudes cunha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal ou equivalente.

– Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo III.

– Un detalle doutros ingresos ou axudas que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia e co balance final do proxecto (ingresos e gastos).

c) Arquivo gráfico (medición con GPS) en soporte dixital e formato vectorial tipo “shape”no datum ETRS89 e coordenadas UTM sobre o fuso 29N coa superficie afectada polos traballos de forestación.

d) Documentación da planta empregada de todas as especies incluídas no anexo I e XII Real decreto 289/2003: pasaporte fitosanitario, etiquetas e documentos do provedor consonte os modelos especificados no anexo IX do Real decreto 289/2003, no xeito en que sexan exixibles pola autoridade competente as especificacións recollidas no Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución.

e) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de superficie inferior a 10 hectáreas, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

f) Só no caso de montes veciñais en man común, xustificación do cumprimento da obriga de comunicación establecida no artigo 125.7 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia; recórdase, que as cotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40  % de todos os ingresos xerados.

g) Facturas e xustificantes de pago efectivo. As facturas presentaranse en orixinal e marcaranse cun selo indicando nel: a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificante se imputa total ou parcialmente á subvención reflectindo, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención. Unha vez marcadas, devolveranse ao beneficiario.

h) Xustificación por parte do beneficiario, previamente declarada, de non suxeición ou exención do imposto emitida pola AEAT

Artigo 19. Reintegros

1. A axuda reintegrarase, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

En xeral:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta orde, na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2006.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais

f) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

h) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

i) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención

E, en particular:

j) Execución de menos do 80 % das accións previstas sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

k) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente, ou se é o caso, da prórroga concedida.

l) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

m) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme á normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pago para o beneficiario indicado na orde de recuperación que non poderá fixarse en máis de 60 días e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recupéranse todos os importes que fosen aboados polo devandito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

2. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida, sempre que sexa no exercicio contable da 1ª anualidade.

3. Naqueles supostos nos cales o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

Artigo 20. Controis

1. A Consellería do Medio Rural realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a Consellería do Medio Rural, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación dos Regulamentos de execución (UE) nº 808/2014 e 809/2014 da Comisión de 17 de xullo de 2014.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería do Medio Rural , ao abeiro do establecido no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014 , realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como, controis sobre o terreo antes do pago final dunha mostra que represente ao menos o 5 % do gasto público de cada ano civil, así como a posibilidade, no seu caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

Artigo 21. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde se financiaranse, no exercicio do ano 2016 con cargo a seguinte aplicación orzamentaria:

– Año 2016: 2.500.000,00 € na aplicación orzamentaria 13.02.713B.770.0.

2. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Feader do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 7,5 % e da Xunta de Galicia do 17,5 %.

4. Esta convocatoria tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Deste xeito a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente, nos orzamentos da comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2016, no momento da resolución.

Artigo 22. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, de 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade e no Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade

Artigo 23. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 24. Obrigas

1. Coidados culturais mínimos:

Durante cinco (5) anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de calvos e no caso de que o estado da forestación o requira:

a) Podas de formación e de calidade.

b) Fertilización cando o estado da planta o demande.

c) Mantemento das infraestruturas de defensa da forestación.

2. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida polos órganos de control da Consellería de Medio Rural, Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, e as instancias de control Comunitarias no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde.

3. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

4. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

5. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago seranlle comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 3/1996, de 10 de maio de protección dos camiños de Santiago.

Artigo 25. Avaliación de impacto ambiental

O solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en concreto o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación do impacto ambiental de proxectos e, cando sexa de aplicación, a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Artigo 26. Medidas informativas e publicitarias

Conforme ao establecido no artigo 13 e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014, os beneficiarios das axudas deberán cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo superior a 50.000 €, o beneficiario colocará unha placa explicativa con información sobre o proxecto, na que se destacará a axuda pública total percibida, así como a bandeira europea e o lema “Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural”.

Artigo 27. Comprobacións

1. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

2. A Dirección xeral de Ordenación e Produción Forestal, como órgano xestor, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda, comprobará que os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. No caso de concesión da axuda, esta comprobación tamén se levará a cabo antes de cada pagamento.

Artigo 28. Consentimientos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das Administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos esixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 29. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do medio rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería do Medio Rural/ Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano s/n , 15781 Santiago de Compostela, A Coruña ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.es .

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cese anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria para a mesma finalidade. Asemade tamén son incompatibles con calquera outra axuda concedida sobre a mesma superficie, coa excepción das inversións para incremento da capacidade de adaptación e valor medioambiental dos ecosistemas forestais ou de prevención e reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturales e catástrofes .

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira

Facúltase ao Director Xeral de Ordenación e Produción Forestal para ditar as instrucións ou actos de aplicación que estime oportunas para executar esta orde.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2015

Ángeles Vazquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

ANEXO I
Coníferas

Todas as especies se consideran de crecemento lento por quenda maior de 20 anos

A1 Piñeiro do país (altitude menor de 1.000 m snm) Pinus pinaster

A2 Piñeiro silvestre Pinus sylvestris L.

A3 Piñeiro insigne Pinus radiata D. Don.

A4 Pseudotsuga Pseudotsuga menziesii.

ANEXO II
Frondosas

Todas as especies considéranse de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

B1 Ameneiro Alnus glutinosa (L.)Gaertn. (*)

B2 Bidueiro Betula SP. (*)

B6 Freixo Fraxinus excelsior L. (*)

Fraxinus angustifolia Vahl. (*)

B7 Castiñeiro Castanea sativa Mill.

B8 Castiñeiro híbrido Castanea X hybrida (resistente tinta)

(Clon aprobado por orde da Consellería de Medio Rural)

B9 Cerdeiras silvestres e híbridos de produción madeireira Prunus avium L. (*)

B10 Carballo Quercus robur L. (*)

B15 Nogueira americana e híbridos de produción madeireira Juglans nigra (*)

B21 Pradairo Acer pseudoplantanus (*)

B28 Castiñeiro enxertado Castanea spp

(Enxerto das variedades “Amarelante”, “Famosa”, “Garrida”, “Longal”, “De Parede”, “Ventura”, “Negral” e “Xudía, así como das variedades de boa actitude polinizadora “Negral”, “Picona”, “Serodia” e “Rapada)

(*) Só para as superficies que conforme cos apartados c, d, e e g do anexo 2 da Lei 7/2012, de 28 de xuño de montes de Galicia que quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias.

ANEXO III
Anexo de prezos máximos atendibles de unidades de obra de forestación

1. Acción previa sobre o mato

Concepto

Importe

Nº de clave

Ha. de roza manual

1.195,84

1

Ha. de roza mecanizada

474,76

2

Ha. de tratamento fitocida

288,11

38

Importes en euros

2. Preparación do solo

Concepto

Importe

Nº de clave

Apertura mecanizada dun burato con bulldózer

0,51

40

Apertura manual dun compartimento picado de 30 cm de diámetro e profundidade mínima de 30 cm.

1,04

4

Apertura manual dun burato de 40 cm x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm.

1,10

5

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e cun ripper

345,13

10

Ha de preparación do solo con subsolaxe simple con profundidade mínima de 50 cm e 2 ripper.

410,87

45

Ha de preparación do solo con subsolaxe cruzada con profundidade mínima de 50 cm.

603,98

37

Ha de preparación do solo con camallón

547,82

42

Labra superficial

223,01

11

Apertura dun burato de 60 cm x 60 cm x 60 cm con retroaraña.

0,83

82

Apertura dun burato de 60 cm x 60 cm x 60 cm con retroaraña, incluída á roza

1,05

83

Unidade aburatamento de 60 cm x 60 cm x 60 cm mecanizado con escavadora

1,06

18

Unidade aburatamento de 75 cm x 75 cm x 75 cm mecanizado

1,09

84

Importes en euros

3. Implantación vexetal

Concepto

Importe

Nº de clave

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume a raíz núa

0,40

13

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes, ou frondosa dun zume en contedor

0,23

14

Plantación de planta en contedor e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con buldózer

0,46

46

Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con buldózer

0,63

47

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado con buldózer

0,63

48

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 m de altura sobre aburatamento mecanizado con escavadora ou manual

0,66

17

Importes en euros

4.- Outras accións incluíbles na forestación

Concepto

Importe

Nº de clave

Ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

227,71

19

Unidade de protector de planta, incluso colocado

1,53

41

Ha de área de defensa contra incendios forestais

616,30

49

Ha de área de defensa contra incendios forestais lindante con pista forestal

364,48

50

Unidade de cartel identificativo

255,00

51

Importes en euros

5. Unidade planta

Concepto

Importe

Nº de clave

Ud. conífera 1 zume a raíz núa

0,13

23

Ud. conífera de 2 zumes a raíz núa

0,16

52

Ud. Pseudotsuga 2 zumes a raíz núa

0,30

24

Ud. conífera, 1 zume con terrón

0,24

31

Ud. Pseudotsuga 2 zumes con terrón

0,35

32

Ud. Frondosa 1 zume maior de 20 cm. e ata 35 cm

0,36

25

Ud. Frondosa 1 zume maior de 30 cm. con terrón

0,43

33

Ud. Frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm

0,86

53

Ud. Frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm

1,26

54

Ud. Frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm

1,65

55

Ud. Castiñeiro híbrido resistente / sativa de 0,5 ata 1 m, de 1 zume

2,13

26

Ud. Castiñeiro híbrido resistente / sativa de máis de 1 ata 2 m, de 1 zume

3,20

27

Ud. Castiñeiro híbrido resistente / sativa de 0,5 ata 1 m, de 2 zumes

3,19

85

Ud. Castiñeiro híbrido resistente / sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes

4,24

86

Ud. Castiñeiro resistente / sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes enxertado cunha das variedades das sinaladas no apartado 7.2.b desta orde

12,00

88

Importes en euros

6. Infraestruturas de acompañamento das novas forestacións que se realicen ó abeiro desta orde.

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2m de altura cada 5m e malla cinexética

7,58

15

Km de arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga)

2.956,07

11

Importes en euros

ANEXO IV
Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos

Traballo

Limitacións de uso

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Roza manual

• Pendentes superiores ao 35 %

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.

Roza mecánica

• Pendentes iguais ou inferiores ao 35 %, agás xustificación técnica.

• A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.

Tratamento fitocida

• Non utilizar en zonas de valgada.

• Utilizar produtos sistémicos non residuais.

Labra superficial

• Vexetación herbácea

• Pendentes comprendidas entre 0-15 %

• Profundidade do labra maior de 20 cm.

Compartimentos picados

• Pendentes superiores ao 35 %

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• Dimensións mínimas de 30x30x30 cm.

Buratos manuais

• Pendentes superiores ao 35 %

• Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados.

• Dimensións mínimas de 40x40x40 cm.

Subsolaxe lineal

• Pendentes comprendidas entre 0-35 %

• Traballarase no sentido que permita a posterior mecanización dos traballos de mantemento

• Levantarase o ripper 2m cada 10m en caso de pendentes maiores do 20 %.

• Profundidade maior de 50 cm.

Aburatamento mecanizado con buldozer

• Xustificar a súa utilización en pendentes inferiores ao 35 %

• Profundidade da labor o final do burato, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm.

• Lonxitude total do burato, incluído o burato e o lomo de terra sacada do burato, comprendida entre 150-200 cm.

• Anchura superficial no comezo do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.

• Anchura superficial ao final do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 60 cm.

Camallón con desfonde lineal

• Zonas con alagamentos.

• Só se fará cando a realización dos traballos non produza o inversión de horizontes (horizonte A de profundidade maior de 50 cm.)

• Realizarase mediante o pase de polo menos dous vesos.

• Profundidade do corte da arada, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm.

• Ancho total do camallón, incluíndo o suco e o lomo volteado, maior de 150 cm.

Aburatamento mecanizado con excavadora

• Plantación de frondosas de altura maior de 100 cm.

• Dimensións mínimas de 60x60x60 cm.

• Pendente máxima do 30 %.

• Terreo non pedregoso

Fertilización completa

• Realizarase con fertilizantes CEE o UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

• Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas o cápsulas resinadas.

Área de defensa contra incendios forestais.

• Obrigatoria, agás xustificación técnica, no caso de CMVMC, sociedades e agrupacións e de propietarios u outros.

• Terán un ancho mínimo de 10 m.

• Terán unha franxa central de 5 metros con decapaxe ata solo mineral e dous franxas laterais de polo menos 2,5 metros de ancho nas que se realizará unha roza a feito.

• No caso de coincidir no perímetro unha pista forestal, débese realizar unha roza nunha franxa de ancho igual ao resultado de restar a 10 metros o ancho da pista en metros.

• Procurarase integrar noutras existentes.

• Practicaranse cortas transversais, cunha pendente lonxitudinal do 2 % e distanciadas 50 m a partires da pendentes de aquelas superiores ó 20 %

Mellora de pista

• Só se realizará sobre as pistas que conten con unha anchura de caixa, incluídos foxos plataforma, maior de 3 m.

• Non se superará a densidade de 40 m. de pista/ha. que reducirase a 20 m. de pista /ha nas áreas de montaña e outras que puideran afectar a espazos protexidos

• A pendente máxima da rasante non superará o 12 %.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2 % para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos sentidos.

• Dotarase as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

• Nos tramos con pendente, realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50m.

Peche

• Xustificación técnica da súa necesidade

• Peche perimetral que delimite unha área concreta

ANEXO V
Concellos en zonas desfavorecidas

A Coruña

Concello

Aranga

Arzúa

Boimorto

Capela, A

Cedeira

Cerceda

Cerdido

Coirós

Curtis

Frades

Irixoa

Mañón

Melide

Mesía

Monfero

Ordes

Oroso

Ortigueira

Pino, O

P. de García Rodríguez, As

San Sadurniño

Santiso

Sobrado

Somozas, As

Toques

Tordoia

Touro

Trazo

Val do Dubra

Vilasantar

Cariño

Lugo

Concello

Abadín

Alfoz

Antas de Ulla

Baleira

Baralla

Becerreá

Begonte

Bóveda

Carballedo

Castro de Rei

Castroverde

Cervantes

Chantada

Corgo, O

Cospeito

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Friol

Xermade

Guitiriz

Guntín

Incio, O

Láncara

Lugo

Meira

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Monterroso

Muras

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais, As

Ourol

Outeiro de Rei

Palas de Rei

Pantón

Paradela

Páramo, O

Pastoriza, A

Pedrafita

Pol

Pobra de Brollón, A

Pontenova, A

Portomarín

Quiroga

Rábade

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riotorto

Samos

Sarria

Saviñao, O

Sober

Taboada

Triacastela

Valadouro

Villalba

Ourense

Concello

Allariz

Amoeiro

Arnoia, A

Avión

Baltar

Bande

Baños de Molgas

Barbadas

Barco, O

Beade

Beariz

Blancos

Boborás

Bola, A

Bolo, O

Calvos de Randín

Carballeda

Carballeda de Avia

Carballiño, O

Cartelle

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Celanova

Cenlle

Chandrexa de Queixa

Coles

Cortegada

Cualedro

Entrimo

Esgos

Gomesende

Gudiña, A

Irixo, O

Xunqueira de Ambía

Larouco

Laza

Leiro

Lobeira

Lobios

Maceda

Manzaneda

Maside

Melón

Merca, A

Mezquita, A

Montederramo

Monterrei

Muiños

Nogueira de Ramuín

Oímbra

Ourense

Pardene de Allaríz

Padrenda

Parada de Sil

Pereiro de Aguiar, O

Peroxa, A

Petín

Piñor

Pontedeva

Porqueira

Pobra De Trives, A

Punxín

Quintela De Leirado

Rairiz De Veiga

Ramirás

Ribadavia

Río

Ríos

Rúa, A

Rubiá

San Amaro

San Cibrao das Viñas

Cea

Sandiás

Sarreaus

Taboadela

Teixeira, A

Toén

Trasmiras

Veiga, A

Verea

Verín

Viana do Bolo

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Xinzo de Limia

Xunqueira De Espadañedo

Pontevedra

Concello

Arbo

Campo Lameiro

Cañiza, A

Cerdedo

Cotobade

Covelo

Crecente

Cuntis

Dozón

Estrada, A

Forcarei

Fornelos de Montes

Agolada

Lalín

Lama, A

Mondariz

Neves (As)

Pazos de Borbén

Ponte Caldelas

Rodeiro

Silleda

Vila de Cruces

missing image file