Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento do Plan de banda larga 2020 da Comunidade Autónoma de Galicia no marco da Axenda Dixital de Galicia 2020 (expediente 1/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 1/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de coordinación e apoio ao desenvolvemento de redes de banda larga fixa e sen fíos, así como a definición de novas actuacións e medidas facilitadoras e incentivadoras do uso destas redes e o soporte e atención aos axentes interesados, todo isto dentro do Plan de banda larga 2020.

b) División por lotes e número: si, 2.

c) Prazo de execución: 24 meses contados a partir do 1.4.2016. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 623.145,60 €, máis 130.860,57 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 754.006,17 €, que se distribúen nas seguintes anualidades segundo os lotes:

Lote 1: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao desenvolvemento de redes fixas do Plan de banda larga 2020 e medidas facilitadoras e incentivadoras da demanda: 226.195,20 € máis IVE (47.500,99 €) = 273.696,19 €.

Lote 2: coordinación e apoio sobre iniciativas vinculadas ao desenvolvemento de redes sen fíos e análise do estado do Plan de banda larga en Galicia 2020: 396.950,40 € máis IVE (83.359,58 € ) = 480.309,98 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23758

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 27.1.2016, de acordo o establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro da Amtega.

2. Dirección: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de publicación do anuncio previo: 7.10.2015.

13. Data de envío ao DOUE: 29.12.2015.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia