Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo de traballo de campo e depuración da operación de enquisa de movemento aeroportuario de Galicia, tramitado por procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, mediante tramitación anticipada.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: traballo de campo e depuración da operación de enquisa de movemento aeroportuario de Galicia.

Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 49.600,00 €.

IVE (21 %): 10.416,00 €.

Importe total IVE incluído: 60.016,00 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23843

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, A Coruña, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura do sobre B terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia, na data e na hora que serán anunciadas, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es .

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é de 10,82 €.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2015

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia