Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 278

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa

ANUNCIO da convocatoria de axudas para entidades deportivas sen fin de lucro para a participación en competicións oficiais ou para o desenvolvemento de actividades ou escolas deportivas levadas a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015.

Anuncio da convocatoria de axudas para entidades deportivas sen fin de lucro da Illa de Arousa para a participación en competicións oficiais ou para o desenvolvemento de actividades ou escolas deportivas levadas a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015.

Bases: na sede da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa, rúa Palmeira, 25, 36626 A Illa de Arousa. Telefono: 986 52 70 80. Fax: 986 52 87 00.

Lugar de presentación: na sede da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa.

Prazo de presentación de solicitudes: 32 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: conforme os criterios establecidos nas bases.

A Illa de Arousa, 14 de decembro de 2015

Carlos Iglesias Cores
Presidente da Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa