Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 180

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1730/2015).

M. Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1730/2015 desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridad España, S.A. contra María Trinidad Campos Rodríguez, Basilio Alonso Blanco, Rocío Berbés Amoedo, Enrique Giralda Larrán, Juan José Vázquez Senra, José Manuel Iglesias Pérez, Javier Pablo Romero Falque, Jorge Cruz Romero, Raquel Expósito Míguez, Manuel Calviño Moledo, Fernando Darrosa Abal, José Manuel Martínez López, Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Currás García, María del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza, Daniel Velasco Teijeira, sobre despedimento disciplinario, se ditou, con data do 27.10.2015, a seguinte resolución:

A Coruña, 27 de outubro de 2015.

Únase o anterior testemuño da sentenza firme de contraste remitida polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco.

Emprácense as partes para compareceren mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, presentando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións. Remítase edicto ao Diario Oficial de Galicia para o emprazamento de Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Currás García, M. del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza e Daniel Velasco Teijeira.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente comparece de dereito coa remisión das actuacións.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Martínez López, Jesús González Pérez, José Manuel González González, Rocío Berbés Amoedo, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Currás García, M. del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza e Daniel Velasco Teijeira, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza