Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 266

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 16.12.2015, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello, en cumprimento do artigo 45 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, polo cal se obriga a redactar un plan especial de protección para este conxunto declarado BIC polo Decreto da Xunta 33/2011, do 10 de febreiro.

O acordo de aprobación definitiva do dito Plan especial de protección e rehabilitación do barrio de Ferrol Vello foille comunicado á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia con data do 22.12.2015, e déuselle traslado de dous exemplares do Plan aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, en cumprimento do establecido no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa e aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor, no prazo de dous meses (2) contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Ferrol, 22 de decembro de 2015

P.D. (Resolución do 29.6.2015; BOP do 9 de xullo)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo, Medio Ambiente e Servizos