Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2016 Páx. 234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para a limpeza de dependencias en Santiago de Compostela.

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público (https://contrataciondelestado.es), por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/.

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto cun criterio de adxudicación (prezo) e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: 131.092,80 €. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

Vantaxe da oferta da adxudicataria: a proposición economicamente máis vantaxosa por ser a de prezo máis baixo con base na aplicación do único criterio de valoración (prezo).

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: limpeza das dependencias de Augas de Galicia en Santiago de Compostela (A Coruña).

Número de expediente: OH.915.1102.

CPV (referencia de nomenclatura): 90919200-4.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 117, do 23 de xuño de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 87.395,20 euros. Importe total: 105.748,19 euros.

Data de adxudicación: 18 de novembro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 66.372,19 euros. Importe total: 80.310,35 euros.

Data de formalización do contrato: 27 de novembro de 2015.

Contratista: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A.

3. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia