Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2015/151-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Utingal, S.L.

Domicilio social: polígono empresarial de Areas, parcela 63, 36000 Tui.

Denominación: LMTS, CS parque empresarial Areas 2ª fase.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con conductor RHZ1 de 170 metros de lonxitude, con orixe no CT da Sociedad Electricista de Tui, S.A. e final no empalme para realizar na LMTS existente unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, situado na rúa 6 do parque empresarial de Areas, 2ª fase 1 N2-2, Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra