Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Moraña (expediente IN407A 2015/242-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domiclio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: substitución apoio 39-12 da LMT TIB801 en Albergueira.

Situación: Moraña.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 109 metros de lonxitude, con orixe no novo apoio 39-12 e final no 39-13 da LMT TIB801, derivación ao CT San Salvador. A instalación está situada en Albergueira, Moraña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de decembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra