Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO de licitación do servizo de remate da redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Punxín.

Segundo o Acordo plenario do 25 de novembro de 2015, efectúase convocatoria, polo procedemento aberto, de contratación do servizo de remate da redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Punxín, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Punxín.

a) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría.

2º. Domicilio: rúa Forxa, 24, Punxín, 32456.

3º. Teléfono: 988 28 00 32.

4º. Telefax: 988 28 00 43.

5º. Correo electrónico: concellodepunxin@yahoo.es.

6º. Perfil do contratante: www.depourense.es.

7º. Data límite de obtención de documentación e información. Solicitude: 5 primeiros días do prazo de presentación de proposicións e documentación. Será facilitada polo menos 6 días antes da finalización do prazo de presentación da documentación.

8º. Número de expediente: CS1/2015.

2. Obxecto:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: remate da redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Punxín.

c) Prazo: 4 anos.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CP : 71400000-2.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; criterios de adxudicación: cláusula XIV do PCAP: exclusivamente o prezo.

4. Valor estimado do contrato: 49.800,00 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación.

6. Presentación de ofertas:

a) Prazo: 15 días naturais contados desde a publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Documentación: a establecida na cláusula X do PCAP.

c) Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Punxín ou por correo.

7. Cualificación da documentación xeral e apertura de ofertas:

a) Data e hora: o día seguinte hábil (excepto sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións; se non existisen deficiencias, apertura do sobre número 2 ás 12.00 horas do mesmo día.

b) Lugar: salón de sesións da Casa do Concello de Punxín.

8. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 1.500,00 euros.

9. Outras informacións:

As establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que figuran no expediente e que están á disposición dos licitadores.

Punxín, 14 de decembro de 2015

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde