Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 581

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 10 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo procedemento regulamentario, de varios postos de supervisor/a de área funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, pola Orde do 5 de xuño de 2012 (DOG núm. 39, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada da Coruña

RESOLVE:

Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, varios postos de supervisor/a de área funcional que se relacionan no anexo desta resolución.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e no Espazo do Profesional.

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital A Coruña, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña), dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 10 de decembro de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Área

Centro

Nº prazas

Hospital Teresa Herrera

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

1

Recursos materiais

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

1

Urxencias

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

1