Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2015-0103 e catro máis.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 61.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 11 de decembro de 2015

P.S (Resolución do 30.11.2015)
Luisa-Fernanda Pérez Montero
Xefa do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2015-0103.

Interesado: Pablo Garrido Sánchez.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0125.

Interesados: Eva del Valle Rodríguez Díaz e José María Rieiro Gerpe.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0242.

Interesada: Emilia Dolores Blanco Hermida.

Acto notificado: inicio de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0246.

Interesada: Isla Vionta, S.L.

Acto notificado: inicio de expediente sancionador.

Expediente: CO-RES-2015-0250.

Interesada: Grupo Riotorto, S.L.

Acto notificado: inicio de expediente sancionador.