Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 576

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015 pola que se publica a modificación no plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos.

O plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo foi publicado no Boletín Oficial del Estado do 11 de xaneiro de 2013, unha vez establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 12 de novembro de 2010, publicado mediante Resolución do 22 de novembro de 2010, da Secretaría Xeral de Universidades (BOE do 16 de decembro).

De conformidade co que dispón o artigo 28 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se establece o procedemento para a modificación de plans de estudo xa verificados, e tras obter o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia á solicitude da Universidade de Vigo de modificación do plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, esta reitoría

RESOLVE:

Publicar a modificación do plan de estudos conducente á obtención do título universitario oficial de graduado ou graduada en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 15 de decembro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Resolución do 15 de decembro de 2015 pola que se publica a modificación do plan de estudos de grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

Denominación do título: graduado ou graduada en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo.

Código da titulación: V09G310 (Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas. Campus de Vigo).

De conformidade coa modificación do plan de estudos da titulación de grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo, esta reitoría procede á modificación da publicación no sentido seguinte:

Na páxina 1471 do Boletín Oficial del Estado número 10, do 11 de xaneiro de 2013, modifícase o nome das intensificacións, de tal forma que:

– Onde di: «Intensificación: tecnoloxía de explotación de minas»; debe dicir: «Mención: tecnoloxía de explotación de minas».

– Onde di: «Intensificación: tecnoloxía de mineralurxia e metalurxia»; debe dicir: «Mención: tecnoloxía de mineralurxia e metalurxia». Esta mención cambia de denominación a «Mención: enxeñaría de materiais» e será aplicable ao alumnado matriculado por primeira vez no grao a partir do curso 2014/15.

– Onde di: «Intensificación: tecnoloxía de recursos enerxéticos, combustibles e explosivos»; debe dicir: «Mención: tecnoloxía de recursos enerxéticos, combustibles e explosivos».

A temporalidade das materias poderá, por circunstancias excepcionais, sufrir modificacións, sempre que o autorice a Vicerreitoría con competencias en organización académica e con anterioridade ao inicio do curso académico.