Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 996

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 15 de decembro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade da Resolución do 15 de decembro de 2015 pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo non sanitario da categoría de pinche.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e pola Orde do 28 de setembro de 2011 (DOG nº 188, do 30 de setembro), pola que se establece a estrutura organizativa de xestión integrada de Ferrol e se delegan competencias nos seus órganos directivos, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo non sanitario da categoría de pinches, así como as bases que rexerán a convocatoria.

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (Fides expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Ferrol, na intranet da EOXI de Ferrol e no Punto de Atención ao Traballador/a.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos do artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ferrol, 15 de decembro de 2015

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol