Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2015/96-2, 8289 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Carronza, S.L.

Domicilio social: Berselos, nº 2, Baralla.

Denominación: LMT aereosoterrada e CT de 630 kVA para centro de biomasa e produción de pellets.

Situación: concello de Baralla.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV con orixe no apoio existente nº 45-8 da liña CGR-806 pertencente a Unión Fenosa Distribución e final no apoio proxectado nº 4, cunha lonxitude de 198 metros en condutor tipo LA-56.

2. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio nº 4 proxectado e final no centro de transformación proxectado, cunha lonxitude de 65 metros en condutor tipo RHZ1-95 mm.

3. Centro de transformación en edificio prefabricado cunha potencia de 630 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e do 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 15 de decembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo