Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2016 Páx. 1071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de decembro de 2015 pola que se notifica a imposición dunha quinta multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU3/94/2012-E1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 30 de setembro de 2015, resolución pola que se impón unha quinta multa coercitiva expediente IU3/94/2012-E1, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 12 de agosto de 2008, en que se lle ordena a demolición das obras destinadas a vivenda unifamiliar, no lugar de Callás, no termo municipal de Sarria, provincia de Lugo, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Luis García Alvaredo e a Ana Darriba Copa mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística