Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2016 Páx. 1124

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1098/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

«Que no procedemento ordinario 1098/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Crego Gil contra Construcciones y Obras José Antonio, S.L., Bajocota, S.L.U., Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución de data 11.12.2015 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bajocota, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de decembro de 2015

El letrado da Administración de xustiza